O PP, co apoio de AER, demanda a visita do deputado provincial de mobilidade.
“Detrás de todo isto agóchase o interese do PP, por sabotar o Plan MÓVESE, novidosa iniciativa de mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais ”. Demandar mediante unha moción, unha visita a Redondela, para que se fagan inversións consolida a visión clientelar dunha institución pública.
Javier Bas, ocupou o derradeiro lugar dos alcaldes e alcaldesas da provincia, en solicitar unha entrevista con responsábel de mobilidade, Uxío Benítez, quen asumiu o compromiso de achegarse a Redondela, froito desta entrevista. Sabedores de que esta visita podería restar protagonismo ao alcalde, polo novidoso da iniciativa do Plan Móvese (no que se priorizan os peóns, e ciclistas, sobre o vehículo particular), o PP marcou a estratexia da sabotaxe.
O primeiro que fixo, foi saír aos medios de comunicación criticando a tardanza da chegada do deputado. Exixen aos demais algo que eles non cumplen, retrasando ano e medio a entrevista. Despois presentan esta moción.
Sorprende que unha forza como AER, caia na trama artellada dende o goberno municipal. Sabedores de que se está presentando este Plan Móvese por toda a provincia, e ante o inminente anuncio da inversión na nosa bisbarra. Apoiar esta proposta do goberno de Javier Bas, incide na concepción clientelar e de amiguismos fomentada dende hai décadas polo poder. Dende o BNG “consideramos lóxica que esta concepción caciquil da Deputación se manteña incluso entre sectores que se declaran como a vangarda social, mais que nós imos combater, para demostrar que existe outro xeito de facer as cousas dende o goberno”. Propoñer dende a Agrupación, que na visita estean presentes colectivos e forza políticas, cando o propio Uxío Benítez recibiu á AA.VV. de Vilar hai un ano, unicamente pretende adornar a proposta do PP.
Preguntámonos se as visitas das que tanto se gaba Javier Bas a Redondela teñen sido frutuosas: visitas de Feijóo; visitas de Ana Pastor; visitas de Alfonso Rueda; visita de Raúl Catalá; visitas de diversos conselleir@s... Evidentemente coñecer a realidade de Redondela, é moi relevante, mais como non somos municipalistas e non nos vemos o embigo, se detrás da actuación de responsábeis, non existe unha visión de País, e unha estratexia política, estamos afondando na “política de sempre”, e non se aporta nada novidoso.
Dende o BNG, mentres siga existindo a Deputación, imos seguir traballando para que mude a relación dos concellos e dos cidadáns, con esta institución. As políticas mais valentes nesta institución veñen da man do nacionalismo. O PP, quere rematar por todos os medios cunha Deputación verdadeiramente democrática.