O de Redondela, un goberno desleal coa Deputación.
Despois de converterse nun dos gobernos máis belixerantes co organismo provincial, esixe que cumpra de inmediato, o que nunca lle pediu a Louzán.
Non lle sentan nada ben os tempos de cambio ao Partido Popular de Redondela, que por boca da concelleira de vías e obras, María José Barciela, pon o berro no ceo esixindo que se urbanicen as estradas de titularidade provincial. Agárrase a concelleira a esa palabra posta de moda, polo seu compañeiro de interior: “dossier”.
Mais descoñecemos a esta altura se ditas demandas de melloras na seguridade viaria das estradas da Deputación, foron tan vehementemente defendidas por esta voceira do goberno de Redondela. Outras foron as prioridades que nos tempos de Bas-Louzán, se prantexaban.
Cómpre recordar que vía mocións plenarias, o Partido Popular estivo demandando que se renovara a estrada provincial EP 2901 Cesantes-O Viso-Alxán e EP 2906, Guizán Os Valos. Iniciativas coas que o alcalde Javier Bas quixo presionar ao responsábel de Movilidade provincial, no seu encontro de novembro de 2016.
Chegado a este punto cabe salientar, como baixo a responsabilidade de Uxío Benítez, púxose en marcha, por parte da Deputación o Plan Móvese. Baixo tres premisas, pretende a mellora na seguridade viaria provincial: reducións de velocidade a 30km, pasos de peóns sobrelevados e redutores de velocidade. Curiosamente o Concello de Redondela, non propuxo todas as estradas que discorren por Redondela, para que se beneficiaran deste Plan. En concreto, a EP 2906, no treito correspondente a Saxamonde, non é considerado polo goberno de Javier Bas, como perigoso.
Cómpre recordar, que entre as exixencias do goberno municipal redondelán, recóllese rematar a humanización da estrada que pasa por Vilar. Terán que dar contas ante os veciños e veciñas primeiro, dos 1.200.000€, que estaban asignados, e que non se investiron no Proxecto Inicial.
Tampouco se sabe nada se o goberno municipal de Redondela, está disposto a asinar coa Deputación, a cesión das estradas actualmente provinciais a seren xestionadas directamente polo Concello.
Se non está disposto a asumir esta realidade, o goberno municipal de Javier Bas, non debería exixir aos demais, que cumpran.