Xoán Carlos González solicita maior información sobre a problemática do IES Mendiño.
Na mañá de hoxe, o concelleiro do BNG presentou por rexistro unha xeira de preguntas dirixidas ao goberno municipal de Redondela.
Cuestións como "dende cando é coñecedor o equipo de goberno municipal desta problemática?; Cal, ou cales, foron as medidas tomadas polo goberno municipal de Redondela para subsanar ditas deficiencias? Ténse dirixido este goberno municipal á Consellaría de Ensino para mediar no conflicto? É coñecedor o goberno municipal, dunha problemática similar nos outros institutos do termo municipal de Redondela?", son algunha das cuestións prantexadas.
De igual xeito solicita, o concelleiro nacionalista, copia do convenio asinado entre o IES Mendiño e o goberno municipal de Redondela, para a limpeza e mantemento do pavillón deste instituto.
"O actual é o reflexo dunha problemática que xa se ben arrastrando nos últimos anos. Cónstanos que existe unha vontade de apoiar o deporte local por parte da dirección do centro, mais dende o goberno municipal todo teñen sido retrasos e peros", afirma Xoán Carlos González.