As “amizades perigosas” de Javier Bas.

Javier Bas xunto a Feijoo, Ana Pastor e Abel caballero inaugurando o inicio da destrucción dunha parroquia con Maiúsculas!
As “amizades perigosas” de Javier Bas.

A declaración no xulgado, a semana pasada do presidente da Deputación, Rafael Louzán, xunto ao espiñento caso do tráfico de influenzas de Nelson Santos, poñen en evidencia as relacións do alcalde de Redondela, cos poderes do Partido Popular. Convidar a xantar, ou participar xunto a Ana Pastor na inauguración das obras de Rande. Levar a Chapela, a Rafael Catalá, ministro que desenvolveu unha das leis máis restritivas da democracia, son algunhas das amizades das que fachendea Javier Bas.

Podemos votar man do vello refrán “dime con quen andas, ...”. Para deseñar unha imaxe bastante axustada, de quen é a máxima figura do poder local en Redondela.

Xactábase o alcalde de Redondela hai uns anos, cando nun ton paternalista, denunciaba que o BNG cuestionaba a necesidade de investir 2 millóns de euros no Proxecto de A Marisma. Daquela, deixaba entrever que estaba disposto a se sacrificaren polos veciños e veciñas de Redondela, para atraer fondos, fora de onde fora. Botouse nas mans de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra. Permitíase o luxo de afirmar que Redondela, levaba anos anquilosada, polo que debería sacar os cartos de onde fose, custase o que custase.

Mais o tempo vai colocando a cadaquén no seu lugar. Estas semanas, Louzán tivo que pasar polos xulgados, a declarar sobre a xestión duns inmobles, que beneficiaron a un deputado do PP. Médranlle os ananos ao presidente da Deputación.

Aínda latexan as declaracións do alcalde de O Porriño, Nelson Santos, quen lle pedía a Javier Bas, que fose algo máis flexíbel na contratación dunha determinada empresa de iluminación. Un asunto, no que quedou en entredito a figura do alcalde de Redondela.

Tamén estivo por Redondela, convidado polo alcalde, a ministra Ana Pastor. Estivo de “comilona” a principal responsábel da desfeita da ampliación da autoestrada por Chapela. Javier Bas, correspondeulle asistindo xunto a Abel Caballero e Feijóo á inauguración das obras.

Algunhas outras figuras que pasaron polo concello, foron a propia conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen salientou nin máis nin menos, “os beneficios que suporá para esta parte do País a ampliación de Rande”.

Para rematar este periplo de “personaxes”, Rafael Catalá, quen tamén coñeceu o concello de Redondela, grazas a Javier Bas. O actual ministro de xustiza, pasará á historia da “democracia española”, por seren o impulsor da Lei Mordaza.

Todo “un elenco” de personaxes, das que este alcalde fachendea todo o que pode. Agora si que hai que rematar o refrán “... direiche quen es”.

Non merecen os e as redondeláns, que se utilice a figura do alcalde deste xeito. Tamén vai ser un reto, que no vindeiro mandato, se dignifique o papel do alcalde, como primeiro defensor dos intereses colectivos.

Javier Bas xunto a Feijoo, Ana Pastor e Abel Caballero inaugurando o inicio da destrucción dunha parroquia con Maiúsculas!

As “amizades perigosas” de Javier Bas.