Xoán Carlos González, cuestiona que o goberno de Javier Bas, non rexeite as ampliacións de pantaláns

Xoán Carlos González, cuestiona que o goberno de Javier Bas, non rexeite as ampliacións de pantaláns

O concelleiro nacionalista, defendeu a moción do seu grupo, na que se instaba ao resto de grupos políticos a rexeitar os proxectos, e a que o alcalde, como membro do consello de administración, presionara ante a Autoridade Portuaria.

“Tiñan previsto votar en contra desta moción, non só porque a Autoridade Portuaria, está xestionada polo Partido Popular. Tamén porque hai compromisos persoais do goberno municipal cos promotores das ampliacións”. Así o afirma o concelleiro do BNG.

Trátanse, os expedientes de ampliación, de claros exemplos de como actúa a Autoridade Portuaria, unha administración paralela, que actúa, segundo o concelleiro nacionalista, en contra da preservación da Ría de Vigo.

“Estivemos estudando, o caso destes dous expedientes, e a información que obraba na sé da Autoridade en Vigo, pouco tiña a ver co que manexaba o Concello. Mais isto non é motivo para que o grupo de goberno, por boca do concelleiro de medioambiente, afirmara que descoñecía o contido do mesmo, e que ían agardar a manexar máis documentación”.

Recorda que ademais de estudar os expedientes, preguntaron no Consello Parroquial de Chapela, e en escrito dirixido ao alcalde Javier Bas. “En todo momento, as respostas foron vagas, restándolle importancia a estes cambios de autorización a concesión. Quixeron que o tema pasara desapercibido”.

“O cambio de autorización a concesión, ademais de que permite que o control público destes espazos pase de 3 anos ata os 35, vai ser utilizado para que se constrúan máis pantaláns, con máis amarres”, afirma Xoán Carlos González.

Destaca na súa nota, que dende o BNG non iamos quedar cos brazos cruzados. Non podiamos permitir que se volvese agredir ao entorno da Praia de Arealonga, un dos escasos entornos que quedan para goce dos veciños e veciñas, na beiramar de Chapela.

Para Xoán Carlos González, trátase “ dun novo exemplo, de que o grupo de goberno, con Javier Bas á cabeza, renuncia realmente a defender os intereses dos veciños e veciñas de Redondela. Pretenden dar a imaxe de que estas actuacións, como a ampliación da autoestrada, ou que non se constrúa a Estación de Tren, non dependen deles”.

Destaca a importancia dun traballo conxunto con colectivos e asociacións, ao sumar esforzos en contra destas actuacións. “Xunto ás alegacións da AA.VV. De Chapela, do Club de Remo, e de A Ría non se Vende, o Concello de Redondela, oponse á ocupación de máis espazos do entorno de Arealonga, a pesares do goberno Bas”.

Finalmente afirma que “Redondela necesita que outro alcalde defenda de verdade os seus intereses, ante as diferentes administracións que a están a castigar a cotío. Con un alcalde do BNG ao fronte do goberno municipal, vaise traballar para deter aquelas actuacións que vaian en contra dos nosos intereses”, conclúe na súa nota.

Xoan Carlos González, concelleiro do BNG en Redondela.

Xoán Carlos González, cuestiona que o goberno de Javier Bas, non rexeite as ampliacións de pantaláns