O BNG, alerta da afección en Redondela de varios parques eólicos.

198742444_3901746663208267_1293476036771995186_n

Nos montes de Reboreda, Quintela e Ventosela poderían instalarse ata tres dos muíños que conforman dous complexos.

O BNG, alerta da afección en Redondela de varios parques eólicos.

En coordinación coa localidade de Pazos de Borbén, o BNG Redondela desenvolveu diversos traballos de recopilación de información, ante a eventual construción de varios parques eólicos, entre os concellos de Pazos, Soutomaior e Redondela. “Cabe a posibilidade que se constrúan dous parques eólicos con muíños de entre 145 e 175 metros de altura, o dobre de altura dos construídos ata agora” denuncia o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.

Un dos parques situarase entre os concellos de Pazos e Redondela, con dez muíños de vento destas dimensións. “Dous deses muíños construiranse nos montes de Reboreda, ou mesmo en Quintela”, alerta o voceiro do BNG. Malia as indagacións realizadas por diversas vías, o escurantismo caracteriza toda a información destes proxectos.

Engade que, presumiblemente, entre os concellos de Pazos, Soutomaior e Redondela, tamén se constrúa outro parque cun menor número de muíños. “O que se pode adiantar é que un destes muíños está previsto que se constrúa sobre os montes de Ventosela”, engade.

Consideran dende o BNG que a instalación destes parques de vento implicarían un “enorme impacto ambiental moi negativo tanto para a Enseada, Rede Natura 2000, para a flora e fauna dos nosos montes, como para o patrimonio arqueolóxico”. Baixo a máscara dunha mal chamada produción enerxética verde, agóchase unha sobreexplotación do monte, cun negativo impacto visual, acústico, construción de pistas, afeccións arqueolóxicas, patrimoniais, e á flora e fauna da nosa contorna.

Destacan dende a organización nacionalista que o goberno de Feijóo actuou con total opacidade e escurantismo, ao aprobar en plena pandemia este tipo de parques de muíños de vento. Sinalan que ademais do proxecto de Pazos en Fornelos de Montes, xa está moi avanzado o que afecta á Serra do Suído. Os gobernos municipais destes dous concellos abrazaron estas propostas, actuando como cómplices deste atentado ecolóxico contra os nosos montes.

“Estase obstaculizando o dereito a coñecer toda a información posible para trasladar á cidadanía o que se vai facer nos montes da nosa contorna”, afirman. As propias empresas xa teñen sondeado moitas comunidades de montes, prometendo grandes sumas de diñeiro, agochando o negativo impacto que para o noso entorno natural vai supor a instalación destas construcións”.

Finalmente o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, afirma que “o goberno galego está actuando de costas á veciñanza, facilitándolle ás empresas que constrúan parques eólicos 
O BNG, alerta da afección en Redondela de varios parques eólicos.