O BNG considera un novo incumplimento con Chapela o retraso das obras de reposición da Autoestrada.

IMG-20230703-WA0003

“Os anuncios de abril, quedaron simplemente en propaganda electoral do Partido Socialista”.

 

O BNG considera un novo incumplimento con Chapela o retraso das obras de reposición da Autoestrada.
Inicios do mes de xullo e nin rastro das Obras de Reposición de viais e infraestruturas afectadas pola ampliación da AP-9. Trátase dun novo incumprimento tanto da concesionaria AUDASA, como do Ministerio que deixan pasar o tempo sen solucionar a problemática creada.
Cinco anos despois de que se inaugurara a ampliación, non existen evidencias de que as obras se leven a cabo. “Trátase dun novo incumprimento cos veciños e veciñas de Chapela que agardan pacientemente a que se lles dea solución ao licitado”, sinala o voceiro municipal Xoán Carlos González.
Con grande profusión de medios, rodeada da subdelegada, membros de Audasa e do Ministerio, a alcaldesa Digna Rivas daba a entender a inminencia do inicio das obras. “Mera propaganda electoral”, afirma o voceiro nacionalista. “O único certo é o que se publica non BOE, nada de dar a impresión que grazas aos contactos de alguén se van acelerar as obras”, sinala. 
Recorda Xoán Carlos González que xa non é a primeira vez que se anuncia o inicio das obras, “das que aínda faltan as pantallas acústicas”. O Ministerio, goberne quen goberne unicamente vaise mover por presións políticas. “Se o BNG consigue o grupo parlamentar propio, teremos moito que dicir en Madrid, e os problemas de Redondela serán tratados coa debida importancia como a Reposición en Chapela”, remata na súa nota.
O BNG considera un novo incumplimento con Chapela o retraso das obras de reposición da Autoestrada.