O BNG demanda que se manteña o profesorado da EEI A Marisma

descarga
EEI As Marisma

Desaparece unha praza que permitía a atención máis individualizada ao alumnado, especialmente con necesidades educativas permanentes.

O BNG demanda que se manteña o profesorado da EEI A Marisma
Nos últimos días, a organización nacionalista soubo da intención da Consellería de Educación de eliminar unha praza de mestra na Escola de Educación Infantil da Marisma en Redondela, “o que claramente vai en contra das necesidades de apoio educativo do alumnado de 3 a 6 anos”, sinalan.
Dende o BNG amosan a súa preocupación por esta nova proposta, que xunto á eliminación da presencialidade nalgún dos ciclos formativos do IES Chapela, constitúe un novo barapau ao ensino público en Redondela.
Segundo explica o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo a intención de amortizar unha praza de mestra de Educación Infantil vai en contra da calidade do ensino público en Redondela. “Nesta franxa de idade cómpre unha atención máis cercana e individualizada a todo o alumnado que se estaba logrando coa figura desta mestra”, sinala. “Igualmente a integración do alumnado con necesidades de apoio específico que se estaba acadando na Marisma vaise ver lastrada”, afirma.
Entende o edil nacionalista que o criterio da consellaría debe ser o de potenciar o ensino público cos medios e recursos necesarios “máis aínda na franxa de idade de 3 a 6 anos, cando se establecen as bases educativas para as futuras aprendizaxes”, salienta. Agarda que haxa unha rectificación, e se manteña a praza agora en risco de seren eliminada.
Súmase Xoán Carlos González Campo á convocatoria de manifestación da CIG, na mañá do martes 27 en Compostela en defensa do ensino público. “Tamén seguiremos presionando para que a FP no IES Chapela, volva a ser presencial en todos os ciclos”
O BNG demanda que se manteña o profesorado da EEI A Marisma