O BNG de Redondela SI acudiu á concentración por unha nova vítima de violencia de xénero.

O BNG de Redondela SI acudiu á concentración por unha nova vítima de violencia de xénero.

Unha nova vítima de violencia de xénero, desta volta de A Coruña. Nesta ocasión con ensañamento por parte do asasino, ao deitar á estrada a esta muller para rematala.

Como correspondía, e despois de dous días de que se produciran tales feitos, membros da Asemblea Local do BNG, presentáronse ás doce da mañá diante do Concello. Sen esperar a convocatorias, cumprindo o acordo plenario.

Antes das doce da mañá, o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, púxose en contacto co alcalde Javier Bas e a concelleira Teresa París. A esas horas, aínda non se puxera en marcha o protocolo acordado en Pleno.

O manifestado polos membros do equipo de goberno, fixo pensar que non se ia a producir tal concentración.

Ao BNG quedoulle ben claro dende o venres 2 de maio, que o goberno de Javier Bas ten outras prioridades. A loita en contra de violencia de xénero, como o resto do PP, non entra na súa axenda.

Segue considerando a organización nacionalista, que o Concello como institución debe ter o protagonismo, non só neste tipo de actos, senón non deseño e posta en marcha dun verdadeiro Plano de Prevención da Violencia de Xénero. Con todo, vai a analizar, a partir de agora, moi polo miúdo os diferentes actos e accións que a concellaría vai desenvolver nos vindeiros meses.

O BNG de Redondela SI acudiu á concentración por unha nova vítima de violencia de xénero.