O BNG de Redondela pide ao concello de Redondela que demande a renovación dos postes de telefonía

IMG-20240310-WA0036
A denuncia dunha familia de Chapela, destapa a situación de abandono desta infraestrutura.

 

O BNG de Redondela pide ao concello de Redondela que demande a renovación dos postes de telefonía
Por medio de varios escritos presentados polo grupo municipal nacionalista preténdese realizar unha diagnose sobre a situación dos postes de telefonía en Redondela. Nos escritos solicítase ao goberno de Digna Rivas, que demande urxentemente á empresa a reposición daqueles postes que se atopen deteriorados e revistan inminente perigo para veciñanza.
A problemática saltou aos medios de comunicación cando unha familia de Chapela denunciou que levaba un mes sen poder acceder á súa vivenda pola caída dun poste de telefonía. Nese tempo, a compañía non se interesou pola problemática, mais unha vez que os medios de comunicación se fixeron eco, somentes tardaron dous días en levantar un poste novo.
Nesta parte da parroquia na Subida a Cidadelle levan sufrindo as obras de reposición de abastecemento de auga e saneamento, xunto a varios meses de retraso. A caída do poste constituíu unha nova desfeita.
O BNG de Redondela pide ao concello de Redondela que demande a renovación dos postes de telefonía