Subvencións nominativas; o BNG negociou para melloralas

IMG_20230927_192317

Acadouse que o Millo Verde subira 2.000€ e a Asociación de Empresarios outros 5.000€.

 

Subvencións nominativas; o BNG negociou para melloralas
As subvencións nominativas tamén coñecidos por “convenios” constitúen un acordo entre o goberno municipal e o colectivo correspondente para un financiamento finalista de diversas actividades. Entidades e asociacións de carácter cultural, deportivo ou social son as principais beneficiadas. 320.000€ invertiranse, previa xustificación do gasto.
A proposta do goberno de Digna Rivas propuxo a suba dalgún destes colectivos, e a creación doutras novas. 
Dende o Bloque Nacionalista Galego considerouse a necesidade de aumentar a partida do Millo Verde por tratarse dun festival alternativo de referenza en toda a provincia de Pontevedra. As actividades inícianse varias semanas antes co concurso de maquetas de novas agrupacións.
Tamén considerouse necesario aumentar de 10.000 a 15.000€ a aportación á Asociación de Empresarios. O seu traballo a prol do comercio local no que tamén se inclúen as Prazas de Abastos estase convertendo en clave para a dinamización do pequeño comercio e de proximidade. Para o BNG este sector constituirá un dos referentes de futuro para a dinámica económica de Redondela.
Na súa intervención plenaria o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González recordou que calquera destes colectivos “tén dereito a reclamar o adiantamento de ata o 75 por cen das subvencións e poder dispor de fondos inmediatamente”.
Subvencións nominativas; o BNG negociou para melloralas