A convocatoria das Ludotecas de Nadal, reflexo da improvisación do goberno municipal.

A convocatoria das Ludotecas de Nadal, reflexo da improvisación do goberno municipal.

A publicación das actividades organizadas polo concello para a conciliación da vida familiar durante as vacacións de Nadal, segundo expresou o noso concelleiro Xoán Carlos González “reflicten a improvisación do goberno dirixido por Javier Bas”.

O período de inscrición das Ludotecas de Nadal iniciouse o luns 16 e rematou o xoves 19. Criticamos pois que as bases se publicitaran poucos días antes, e que mesmo a información chegara aos escolares a partir do martes 17. “Evidentemente moitas familias tiveron que presentar as solicitudes para os rapaces e rapazas con moita precipitación”, sinalou o concelleiro nacionalista.

A isto hai que engadir que as Ludotecas comezarán o luns 26 a súa actividade, co que somentes haberá un día para preparalas, e poñelas en marcha. A todas luces queda patente a “desidia” neste tipo de actividades promovidas polo concello.

 Un Goberno Municipal que actúa a "Impulsos"

Confírmase con esta convocatoria das Ludotecas de Nadal que o goberno de Javier Bas “funciona a impulsos e sen criterio”. Exemplifícao o concelleiro Xoan Carlos González co cobro de taxas destas actividades. “Pretendíase que foran as familias as que soportaran o custe total das Ludotecas. A contestación social, forzounos a que eliminaran este requisito das bases”.

Recorda, finalmente, que o BNG foi a única forza política que se opuxo á aprobación da Ordenanza que grava a participación en actividades organizadas polo Concello, por ser unha ordenanza “inxusta e discriminatoria”.

A convocatoria das Ludotecas de Nadal, reflexo da improvisación do goberno municipal.