Entrevista a Jessica García, integrante do Consello Nacional do BNG.

Jessica García xunto ao Consello Nacional na presentación da XV Asemblea Nacional do BNG.
Jessica García xunto ao Consello Nacional na presentación da XV Asemblea Nacional do BNG.
Entrevista a Jessica García, integrante do Consello Nacional do BNG.

Jessica García é unha moza da parroquia de Vilar de Infesta, Redondela. Ten 22 anos e na actualidade está cursando o Grao en lingua e literatura galegas da Universidade de Santiago de Compostela. Dende setembro do pasado ano é responsable da Asemblea Comarcal de Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG.

Leva militando desde o ano 2011.Cinco anos despois  foi elixida para formar parte do Consello Nacional do BNG na pasada Asemblea Nacional.

 

Jessica García xunto a Ana Miranda e Alberte Mera.

Nas pasadas eleccións municipais fuches no nº 2 da lista, como foi para ti esa experiencia?

Asumir con 21 anos a responsabilidade de ir de número dous na lista para o Concello de Redondela é todo un reto. Nun primeiro momento pasas por un estado de inseguridade pola pouca experiencia política en comparación co candidato á alcaldía ou co resto de compañeiras e compañeiros que integraban a lista. Mais foi unha experiencia única na que aprendes moito  desde como funciona unha campaña municipal, as dinámicas da política municipal...Ámbitos un pouco diferentes dos que estaba a participar xa que eu viña dun activismo estudantil e xuvenil.

 

Jessi, ves de ser elixida para formar parte do consello nacional do BNG, como afrontas este reto unha moza tan nova coma ti?

Despois da pasada asemblea nacional pasei a formar parte do Consello Nacional do BNG e realmente é outro reto. Só concibo unha maneira de formar parte do consello nacional de unha organización que é con gañas, forza e ilusión.  Teño moitas gañas de aprender de todos os meus compañeiros e compañeiras, máis  tamén con gañas de aportar ideas e quizais dar visións diferentes as que se podían estar dando nestes momentos.

A renovación  que está dando o nacionalismo quedou clara e patente na pasada asemblea porque non fun a única moza que entrou senón que houbo un relevo claro tanto en caras como en idade.

Ademais, na pasada asemblea nacional asistimos a un recital de democracia interna. Vimos como se presentaron dúas listas e aínda que a segunda obtivo menos apoio que a encabezada por Ana Pontón membros da outra candidatura pasaron a formar parte da executiva nacional e tamén do consello nacional. O BNG é un claro exemplo de asemblearismo e democracia interna, algo incomparábel con calquera organización

Polo que finalmente o consello nacional e a executiva non só integrou a persoas novas en canto a idade e caras senón que tamén incorporou a voces moi diferentes.

 

Como ves a situación actual do BNG e do nacionalismo galego?

  O nacionalismo está pasando por unha crise. Estamos a ver como outras forzas políticas españolistas están confundindo co seu discurso a parte da poboación. Non podemos negar o evidente, máis uns resultados electorais malos non nos poden levar a abandonar. Agora mesmo o bloque está nun proceso de refundación, hai uns días xa se sacou á luz o proceso Adiante. Con este proceso o nacionalismo galego dá un paso adiante, abre un diálogo, dá pasos dos que tanto o nacionalismo como Galiza sairá beneficiada.

 

Jessica García xunto ao Consello Nacional na presentación da XV Asemblea Nacional do BNG.

Jessi, que pensa unha moza nova e preparada como ti, cando mira como tantas compañeiras e compañeiros, teñen que marchar cara a emigración, como xa fixeran antes os seus pais e avós?

A emigración xuvenil non é unha pantasma da que falamos os nacionalistas. A emigración xuvenil está presente. Tanto eu como o meu entorno coñecemos a moitas persoas que tras un FP, ou unha licenciatura marcha a países principalmente europeos a buscar a vida.

Ante a falta de oportunidades a gran maioría non lle queda máis remedio que coller a maleta como fixeran antes moitos dos nosos antepasados, pero hoxe en día a diferenza de antes, marchamos con titulacións superiores e títulos de idiomas.

A emigración non só son datos en termos demográficos ou económicos senón que conlevan situacións familiares, psicolóxicas complicadas.

A situación de crise económica e as políticas do PP é o que leva a moitos mozos e mozas a emigrar. Prefiren marchar fora que a precariedade laboral, a escravitude,os contratos de formación ata os 34 anos ou as prácticas non remuneradas que é o que nos oferta o goberno do Partido Popular

Cal dirías ti que é a situación política e social de Galiza a día de hoxe?

 Galiza está a pasar unha situación difícil no eido económico,social e no político tamén.

Desde hai uns anos temos un presidente da Xunta que non está empregando practicamente os poucos instrumentos de auto goberno que temos desde o  parlamento galego.

Nestes últimos catro anos tamén observamos a intrusión de novos grupos. Máis con o noso grupo reducido de parlamentarios comparados con o PSOE ou o PP, e mesmo en comparación con AGE a parlamentaria que desenvolveu máis iniciativas no parlamento foi a compañeira e candidata á Xunta Ana Pontón. Isto demostra unha vez máis que a palabra traballo sempre vai ligada a BNG en calquera dos órganos nos que se atope.

 

Xa a nivel de mocidade, quen pensas ti que habería que facer en Redondela?

O Partido Popular redondelán, con Javier Bas á cabeza non está prestando a suficiente atención a mocidade que reside no noso concello.

Algo que xa dixemos durante a campaña das municipais é que en Redondela temos unha mocidade que desempeña certas actividades artísticas e culturais que non están sendo apoiadas polo goberno municipal.

Por outro lado, non hai que esquecerse que Javier Bas e o seu equipo pertencen á equipa de Feijoo e Rajoy.

O Partido Popular arruinou os nosos futuros. Neste anos de goberno de Feijoo acadamos unhas taxas de emigración, paro xuvenil e precariedade laboral nunca vistas.

 

En Redondela, o PP aínda que non ten a maioría si que ten o goberno local, como se explica iso dende o teu punto de vista?

 

O PP foi a forza mais votada en Redondela, mais non acadou a maioría.  Noutros concellos do país o PP tampouco foi a forza máis vota mais si que non acadou a maioría en concellos como Moaña, Cangas,Ponteareas... A diferenza entre estas localidades e Redondela  atopámola en que mentres nestes concellos non gobernan, en Redondela Si.

É dicir en Redondela está gobernando grazas a que agrupacións como AER permitiu e permite que isto aconteza.

Ti tamén formas parte do consello local do BNG de Redondela, como está a funcionar a organización a nivel local?

Nestes últimos tempos estiven no Consello local na praza que estaba reservada ao representante de Galiza Nova. Desde a pasada asemblea local na que eliximos a Anxo Lusquiños como reponsábel local pasei a formar parte do consello por lista e na praza de Galiza Nova entrou o compañeiros Brais  da parroquia  de Chapela que tamén xa formou parte da lista para as municipais con tan só 19 anos.

Con isto quero dicir que o consello local do BNG de Redondela é un espazo no que convive a experiencia de concelleiros e ex-concelleiros  con as persoas novas que nos integramos nesta última época.

O consello está formado por 7 persoas elixidas democraticamente polo resto dos compañeiros da asemblea local.

 

Parte do novo Consello Local de Redondela