Esiximos a retirada do contedor da Punta da Praia de Cesantes.

Esiximos a retirada do contedor da Punta da Praia de Cesantes.

Xoán Carlos González desvelou que a empresa Nalú, foi a que se dirixiu ao concello para pantexar un Proxecto de xestión do entorno da Enseada. Asumiu a acción formativa, e agora véndelle o contedor ao Concello por un importe de 5.000€.

“O BNG xa solicitou en distintas ocasións a retirada do contedor da Punta da Praia”, afirmou o concelleiro nacionalista. Na primeira quenda de intervencións do último pleno celebrado no Multiusos da Xunqueira, afirmou que se trata dun espazo moi sensíbel a calquera actuación, por moi pequena que pareza. Recordou que tal como se recollía na autorización de Costas, “unha vez rematada a acción formativa, o contedor debería ser retirado ou reubicado”.

Ao longo de toda a súa exposición fixo referencia, Xoán Carlos González, á necesidade de axudar a manter un entorno tan sensíbel á actividade humana como a Punta da Praia.

O equipo de goberno defendeu a súa postura, por medio da concelleira de desenvolvemento local, Ana Alonso, polo que deixa ben ás claras as súas prioridades en canto ao futuro da Punta. Reiterou o discurso “machacón”, de que a formación de 15 alumn@s ben pagaba a pena, posto que permitiría a súa incorporación ao mercado laboral. Non respostou, nembargantes, á pregunta do concelleiro do BNG, sobre a porcentaxe de empregabilidade das persoas que asistiron a este curso.

Non quedou aquí o discurso da concelleira. Segundo as súas declaracións o obxectivo era que se impartiran máis cursos, sen que se movera o contedor.

Na segunda intervención, Xoán Carlos González, fixo un repaso do proceso que levou á situación actual, desvelando que o concello ía pagar por ese caixón 5.000€.

“O representante da empresa Nalú vendeulle un produto ao Concello. Primeiro xuntouse co alcalde Javier Bas, e Alberto Pazos. Orixinariamente o Proxecto era máis ambicioso. Vendo que a subvención era factíbel, o concello bota toda a súa maquinaria a andar”, expuxo o concelleiro do BNG.

Tamén chamou a atención que nas dúas partes da acción formativa, a da docencia e a de control da actividade docente presentáronse tres empresas. Estas dúas partes foron asumidas, a primeira pola empresa Nalú (23.474€), a segunda por Vida Láctea (4.307€). Os representantes de ambas empresas, coinciden en seren docentes da empresa Nalú.

Na parte final do debate, chegouse ao acordo de que se levara, agora, asunto ao Consello Parroquial de Cesantes. O BNG decidiu votar en contra, posto que se abre a posibilidade de que se manteña o contedor nun entorno moi sensíbel dende o punto de vista medioambiental.

Cecília Pérez e Xoan Carlos González

Esiximos a retirada do contedor da Punta da Praia de Cesantes.