Exposición de Ángel Barros; unha nova lección do mestre.

IMG_20231009_105150
O voceiro municipal Xoán Carlos González xunto ao artista Ángel Barros.

Trátase dun novo recurso para amosar ás novas xeracións os desastres da guerra como as de Ucraína e Palestina.

 

Exposición de Ángel Barros; unha nova lección do mestre.
Volve ser o multiúsos da Xunqueira o espazo elexido polo pintor e restaurador Ángel Barros, para amosar parte da súa creación. Décadas de traballo en numerosos museos de varios países, que agora recalan en Redondela. Neste caso unha parte das obras expostas, refírense á vinculación entre os conflictos bélicos e á necesidade dos poderes económicos e militares para pertuarse.
Reflexionou Barros sobre dous imperios que marcaron profundamente a súa vida; o dos EE.UU., que busca impoñer a súa lei en todo o mundo, e o do fascismo que creou guerras tan cruentas como a Civil Española.
Preocupado polo refortalecemento do discurso da extrema dereita Ángel Barros pretende que a exposición exerza de polo de información e “abrirlle os ollos” principalmente ás xeracións máis novas. Desenvolverase unha programación de visitas de centros educativos ata o multiúsos.
Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo considerou que a exposición trátase dunha “nova lección do mestre Ángel Barros”. “Agardamos que as obras de construcción do museo na Marisma que albergará a súa obra pictórica, se inicie canto antes”.
Exposición de Ángel Barros; unha nova lección do mestre.