Mantense a liña de “podas agresivas” do arborado urbán.

Plátanos podados na avda de Mendiño
Plátanos podados na avda de Mendiño

Non se evidencia grandes cambios na liña de manter podas enormemente agresivas en arborado urbano en Redondela. Nada, ou case nada mudou respeito o goberno de Javier Bas, renunciando a un tratamento máis respectuoso con árbores que inzan os espazos públicos.

Mantense a liña de “podas agresivas” do arborado urbán.

No caso das podas indiscriminadas que se produciron no arborado nas últimas semanas, da que tiñamos a esperanza de que co  goberno PSOE/AER mudaran as fórmulas empregadas nos últimos anos, moito hai que falar e explicar. Sorprende que quen tantas clases de ecoloxía e de coidado pola natureza daba no pasado, deixara agora no esquecemento ,nos sabemos se cegados polo poder, ou desbordados por asumir postos que lle veñen grandes a quen no seu momento se autodenominou abandeirado da defensa do medio ambiente na nosa Vila, autorizara tamañas agresións.

O certo é que mutilar as árbores deste xeito, por moi resistentes que sexan non é unha boa práctica para a sanidade do arborado. Referímonos aos plátanos de sombra e aos pradairos da Avda de Mendiño. Si, o arborado baixo o que percorren as nosas e os nosos fill@s todos os días o camiño para ir aos colexios. Imaxinamos que se preguntarán por que lles fan semellante tortura ao noso arborado? O exemplo que lles estamos a transmitir aos cativ@s; que o ser humano é poderoso e que podemos controlar a natureza ao noso capricho. É isto o que nos ensina Tonucci, quen tantas veces foi socorrido por parte de quen cogoberna o concello para dicirnos aos demais como había que facer as cousas? Estaría o mestre de acordo en ter unha Vila sen follas no chan? Estaría satisfeito de que lle ensinemos aos nosos pequenos como manter controlado a todo aquilo que non segue as regras marcadas? Que diría da nosa Vila? Amiga dos nenos?...

Gustaríanos saber cal foi o obxectivo que se buscaba, posto que estes plátanos teñen espazo para medrar, non invaden a estrada, non dificultan visión ningunha, non teñen tendido eléctrico sobre elas e non son perigosas por ser de pouco tamaño e con ramas aínda de pouco grosor. Pola contra, cumprían funcións moi importantes como a sombra en época de calor, de paraventos, ocultan en certo modo a depuradora e ademais suavizan a dureza dunha explanada como a do campo da feira. Ocórrensenos varias respostas, por exemplo, porque se fai sempre así, porque non lle pasa nada, son moi resistentes, porque tiran moita folla e así aforramos traballo, que molestaban as ramas baixas,... en fin, todo un sucedáneo de tópicos que este goberno non se atreve a enfrontar e que polo tanto evidenciamos que os que ían mudalo todo seguen a mantelo todo igual.

E por certo, hai que recoñecer que tanto os técnicos como os xardineiros fixeron unha labor moi correcta e respectuosa, pero eles fan o que lles mandan.

Os feitos están enriba da mesa, tras anos repetindo o BNG que as árbores só deben ser podadas de maneira estudada e só en casos de necesidade, e non de maneira arbitraria e sen criterio a longo prazo, conseguimos que o goberno anterior deixase sen podar os plátanos do parque da Alameda, polo que este verán, por fin a cativada tivo certa sombra para agocharse e soportar o intenso sol que ata as nove da noite os persegue enrabechado. O máis comentado entre os pais e nais, era o atinado que fora non podalos este ano, e, o ben que se estaba. Palpar a rúa de cando en vez non lle viría mal a este goberno de photocall e de postureo.