Satisfacción no BNG ao acadar o compromiso de urbanizar a estrada ao colexio de Portocabeiro.

Estrada de subida ao colexio de Portocabeiro
Estrada de subida ao colexio de Portocabeiro

Xoán Carlos González, voceiro municipal nacionalista, “amósase satisfeito por teren

conseguido o compromiso de que nos vindeiros orzamentos se recolla unha partida co fin

de urbanizar esta estrada de acceso ao colexio ”.

Satisfacción no BNG ao acadar o compromiso de urbanizar a estrada ao colexio de Portocabeiro.

Un dos puntos que se levou ao Pleno do mes de abril plantexaba o convenio entre o Concello e a Deputación para a urbanización do treito final da estrada do Galleiro, na parroquia de Vilar de Infesta. Dun total de 400.000€ para a obra, as arcas municipais aportarían uns 120.000€.

Segundo manifestou o voceiro do BNG, “xa sabemos a canto ascende o desvío de fondos públicos perpetrado polo PP de Javier Bas e Louzán, quen dispuxeron de 1’2 millóns de euros para toda a obra, e deixaron un terzo da mesma sen executar”. Para sinalar que novamente, os populares amosaron a súa peor faciana, propoñendo que a obra quedara sen rematar. “No transcurso do debate, segundo o edil nacionalista, plantexamos a necesidade de que o goberno municipal se comprometera a urbanizar e humanizar a estrada de acceso ao colexio de Portocabeiro. Unha demanda que dende hai anos tanto a comunidade educativa como a AAVV, teñen plantexado”, sinala.

Xustifica a súa decisión o voceiro do BNG, pois “ante a falla de orzamento deste goberno, tal e como se comprometeron no acordo de investidura de Digna Rivas como alcaldesa, non nos quedou máis remedio que plantexar a actuación na parroquia de Vilar”, aclara.

O vial sufre un importante movemento de tráfico pesado. “Consideramos que se trata dunha oportunidade para desenvolver os camiños escolares, para que se poida acceder e saír do centro educativo dun xeito seguro”, polo que lle damos grande valor a este compromiso.

Satisfacción no BNG ao acadar o compromiso de urbanizar a estrada ao colexio de Portocabeiro.