O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE REDONDELA, RELEGADO NO GOBERNO MUNICIPAL.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE REDONDELA, RELEGADO NO GOBERNO MUNICIPAL.

A raíz do debate, que se plantexou no Pleno de febreiro sobre a declaración do 24 de febreiro, como Día de Rosalía, saltou á palestra a actividade do SNL. O voceiro do BNG, naquela moción, Xoán Carlos Glez. expuxo a situación do servizo. Destacou que a propia dinámica posta en marcha co anterior goberno, permite na actualidade que continúe funcionando satisfactoriamente.

Ademáis das diversas campañas de fomento do idioma, en iniciativas como as do Nadal, en colaboración cos comerciantes de Redondela, Normalización Lingüística tamén desenvolveu dúas importantes actividades nos últimos meses.

A primeira delas, foi “Vitaminas para o Galego”, iniciativa promovida por diferentes coleitivos e asociacións do País, que pretenden poñer en valor o noso idioma, principalmente nos medios de comunicación. A última máis destacada desenvolveuse o 24 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía, no que veciños e veciñas leron anacos da súa obra.

Normalización Lingüística ténse distinguido nos últimos anos por ter asumido unha chea de actividades que chegaban a diferentes eidos da vida social e cultural de Redondela. Promover a recuperación toponímica nas parroquias redondelás en colaboración cos Centros Culturais; incentivar o uso do galego no deporte; calendarios e almanaques en colaboración cos Servizos de Normalización Lingüística dos centros escolares, cinema en galego, promoción do libro escrito no noso idioma,… foron só algunhas das accións postas en marcha.

Pola contra e tal e como se expuxo no Pleno, unha das primeiras medidas que tomou o goberno de Javier Bas, foi o de que este servizo perdera autonomía ao integralo en Cultura. Ademáis a propia técnica, como xefa dun servizo, debeu compartir espazo cunha persoa adscrita a Medio Ambiente. Pola contra, unha administrativa, pasou a ocupar o seu propio despacho, o que claramente marcou a liña a seguir co traballo a prol do idioma no Concello.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE REDONDELA, RELEGADO NO GOBERNO MUNICIPAL.