Pregunta do BNG de Redondela polos criterios de uso dos vehículos do concello

Pregunta do BNG de Redondela polos criterios de uso dos vehículos do concello

O Concello de Redondela, dispón de diversos vehículos para levar a cabo os empregados e empregadas municipais as funcións derivadas do desempeño da súa actividade laboral.

Nos últimos meses varios concelleiros do goberno municipal teñen empregado un dos vehículos do concello para realizar diferentes desprazamentos.

Xoán Carlos González Campo, en calidade de concelleiro do GM do BNG, ao abeiro do art. 20 do Regulamento Orgánico do Concello, presenta as seguintes preguntas, para ser respostadas en Pleno polo concelleiro de Medio Ambiente:

Cales son os criterios que manexa o goberno municipal para que se faga uso dos vehículos do concello, por parte de concelleiros e concelleiras de dito goberno?

Pregunta do BNG de Redondela polos criterios de uso dos vehículos do concello