X. Carlos González considera “ oportunista” a Javier Bas coa figura de Ernestina Otero.

X. Carlos González considera “ oportunista” a Javier Bas coa figura de Ernestina Otero.

Para o edil nacionalista, a presenza do alcalde de Redondela, na presentación da biografía da pedagoga redondelá “obedece ao interese por adquirir un protagonismo que non lle corresponde”. Considera que en ningún momento tiveron interese en promocionar ningún traballo, ou estudio que puxera en valor a figura desta “mestra de mestras”.

Chámalle a atención deste presunto interese do alcalde de Redondela, agora, cando Recorda hai varios anos diversos colectivos propuxeron a Ernestina Otero persoeira do ano. “Daquela, o goberno municipal rexeitou dita proposta”, sen ningún tipo de explicación ou consideración. Para o nacionalista, o goberno de Javier Bas, lonxe de resarcirse agrava ou seu trato discriminatorio con Ernestina Otero, pois unicamente se limitaron a comprar un número determinado de exemplares, e facilitar a súa distribución”.

Segundo Xoán Carlos González “negouse a posibilidade aos veciños e veciñas de Redondela, de participar da presentación dun novo traballo arredor desta pedagoga, considerada unha das figuras máis salientábeis da historia de Galiza”. Destaca a importancia e o valor da presentación da biografía de Ernestina Otero, “Semente de igualdade, semente de liberdade”, unha máis das que se teñen realizado por todo o País. Esta veciña mesmo promocionou o Estatuto de Autonomía do 36, algo que a dereita quere silenciar. O réxime franquista represaliouna, por defenderen o dereito universal á educación. Recorda que noutros concellos, como Pontevedra ou Vigo, xa se teñen levado a cabo recoñecementos á súa figura. “Incluso a Asociación Cultural Alexandre Bóveda acaba de publicar un Calendario do ano 2018, onde Ernestina Otero, ocupa un lugar destacado”, apunta.

Afirma finalmente o voceiro do BNG, “que novamente Javier Bas  emprega símbolos e figuras senlleiras de Redondela, unicamente en interese propio”.