DESTE XEITO TAN GRÁFICO INICIOU A SÚA INTERVENCIÓN NO PLENO DE MARZO, O VOCEIRO NACIONALISTA, EN DEFENSA DA MOCIÓN DA ASEMBLEA FEMINISTA PAXARETAS SOLICITANDO O CESE DA CONCELLEIRA DE IGUALDADE TERESA PARÍS.

Xoán Carlos González: “A quen realmente había que cesar, era a todo o goberno municipal”.

27544985_290729081455279_7244874136020433607_n
27544985_290729081455279_7244874136020433607_n

 A proposta, veu despois de que a responsábel deste departamento, negara o dereito de Folga como instrumento de reivindicación do conxunto da sociedade, nomeadamente das mulleres.

Recordou Xoán Carlos González a actitude hostil da concelleira, en diversas iniciativas que plantexaban a loita polas liberdades da mulleres, a equiparación cos homes. “Amosou o rexeitamento á institución do feminicidio como delito, amosou a súa defensa a ultranza de leis que pretende relegar ás mulleres a meras reprodutoras e coidadoras”.

O concelleiro nacionalista, referiuse ao pleno de febreiro, onde grazas á maioría dos votos da oposición, Redondela apoiou a exitosa Folga do 8 de marzo. “Daquela o goberno redondelán quedou fóra, en contra dunha mobilización histórica”.

Noutra parte da súa intervención, Xoán Carlos González, acusou a Javier Bas de teren tomado como primeira medida deste mandato, a substitución dunha muller para que pasara a formar parte do goberno, unha das “súas fichaxes estrela”, por suposto un home. Tamén acusou ao rexedor, de dar instrucións para que “aqueles traballadores e traballadoras que apoiaron a folga, ou os paros, ademais de descontarlle o día, se lle restaran as aportacións á Seguridade Social”. Todo un exemplo da man de ferro co que este home goberna en Redondela.

Xa no remate da súa intervención, Xoán Carlos González recordou o resultado da moción por el mesmo presentada en defensa de Maite Mouriño. “Despois de once anos desenvolvendo postos de responsabilidade na empresa que xestiona a rede semafórica no noso concello, foi despedida por seren muller e adicarse á política. Daquela, soamente contamos co apoio do Partido Socialista. Os tribunais déronlle a razón a esta compañeira militante de Pazos de Borbén”.

Como non podía ser doutro xeito, por medio do edil, o BNG apoiou a moción presentada polo colectivo. Ao longo do debate, recoñeceuse o labor da Asemblea Feminista Paxaretas, dinamizadora das actuacións e actividades de mulleres ao longo das últimas semanas. Mágoa que dende a concellería de igualdade, non se estea á aaltura.

Xoán Carlos González: “A quen realmente había que cesar, era a todo o goberno municipal”.