O goberno Bas, “non atende aos veciñ@s”.

O goberno Bas, “non atende aos veciñ@s”.

Nunha revisión dos horarios de atención ao público no Concello de Redondela, compróbase como algúns concelleiros mesmo atenden “previa cita”.

O caos que impera na acción diaria do goberno do Partido Popular de Redondela, non tén paregón no noso entorno máis inmediato. A primeira responsabilidade do goberno municipal debe ser a de atender aos cidadáns, que cos seus impostos, axudan a manter os seus soldos. Recordemos, alcalde 45.000€, catro concelleiros 23.000€ e outros catro 18.000€

Facemos un repaso destes “horarios de atención ao público”.

Primeiro grupo; os que cobran 23.000€. Concelleira de Vías e Obras, atención un único día á semana durante cinco horas. Trátase do día no que o concello se aforra a gasolina do vehículo municipal que utiliza habitualmente. O concelleiro de Medioambente, é dos que máis atende con seis horas semanais. Do concelleiro de Cultura, descoñecemos o seu horario de atención ao público. Mais o paradigma de que o goberno de Javier Bas, só está para crear os seus nove postos de traballo, queda reflexado no horario da concelleira de Servizos Sociais e Urbanismo. Coa problemática que existe en Redondela, como no resto de Galiza de situacións en precario dun importante sector da poboación, a concelleira únicamente atende tres horas á semana aos seus veciños e veciñas, outros tres para a área de Urbanismo.

Algo parecido co que sucede cos concelleiros e concelleira que cobran 18.000€. O concelleiro de Interior, e doutras catro áreas, atende catro horas semanais. O concelleiro de Deportes, suponse que tén un horario de atención continuado. O concelleiro de Medio Mariño, e outras dúas áreas, atende seis horas semanais, “previa cita” a aqueles veciños e veciñas que queren un contacto directo con quen levan a xestión nestas áreas. A concelleira cesada polo Pleno, que leva nin máis nin menos seis áreas, atende ao público dúas horas e media cada semana.

Así pois, poñéndonos a sumar o horario comple salvo pola falla de información do concelleiro de Deportes, e polo de Cultura, non se completa o horario de vinte e cinco horas semanais seguidas de todo o equipo de goberno, de atención á veciñanza.

Trátase pois dunha clara mostra de que o último no que pensa o goberno de Javier Bas, é nunha atención directa aos cidadáns para informar, aportar solucións aos seus problemas, ,ou prantexar novas iniciativas. A prioridade do PP, como non, manter nove postos de traballo.

IMG-20160705-WA0007 IMG-20160705-WA0006 IMG-20160705-WA0005 IMG-20160705-WA0004 IMG-20160705-WA0003

O goberno Bas, “non atende aos veciñ@s”.