2025, o ano no que o goberno de Digna Rivas foi conscente da importancia dunha nova biblioteca para Redondela

FB_IMG_1758876185825

Xoán Carlos González, "Levamos a proposta no noso Programa, quixemos negociala co goberno municipal, nuna nos respostaron”

 

2025, o ano no que o goberno de Digna Rivas foi conscente da importancia dunha nova biblioteca para Redondela
A finais do ano 2024 nunha das últimas xuntanzas co goberno municipal de Redondela, puxemos enriba da mesa a necesidade de impulsar a construción dunha nova biblioteca en Redondela. Dende o BNG propuxemos poñernos de acordo para buscar posíbeis ubicacións, financiamento... A valoración realizada posteriormente a nível interno concluíu que o goberno de Digna Rivas non estaba interesado nesta infraestrutura educativo-cultural.
"Xa tiñamos evidencias dende había anos que Redondela necesitaba unha nova biblioteca central" , afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Considera que se trataba dunha proposta estratéxica na que habería que poñer de acordo aos grupos políticos, incluído ao PP.
“Recollemos a proposta dunha nova biblioteca no noso Programa de Goberno do ano 2023, como un recurso máis para manternos como referencia de concellos limítrofes como Pazos, Fornelos, Soutomaior, engade. O PSOE, e a súa candidata non a consideraron necesaria.
 "Tralo presumible acordo dos grupos, habería que buscar financiamento, mais non foi así e Digna Rivas nin se molestou en respostarnos", comenta o voceiro nacionalista. 
No mes de agosto, con grande profusión de medios salta a nova do interese do goberno de adquirir Vila Elisa. Segundo se expoñía a finalidade do inmoble sería a de convertila en biblioteca.
Consideramos tremendamente positivo o cambio de parecer do goberno de Digna Rivas en canto á dotación dunha biblioteca, sinala Xoán Carlos González. Este cambio de criterio da alcaldesa pareceunos positivo, insistiu. Reforza que a nosa proposta programática era acaída ás nosas necesidades como concello. Lamenta igualmente que se queira aproveitar este reto dunha nova biblioteca para 20.000 habitantes, como un recurso para desgastar ao Bloque Nacionalista Galego.
Pola nosa parte continuamos a realizar propostas rigorosas e positivas para o noso concello, fuxindo do uso partidista de inversións que deben interesar ao conxunto dos e das redondelás.
2025, o ano no que o goberno de Digna Rivas foi conscente da importancia dunha nova biblioteca para Redondela