Redondela, fóra da vivenda de promoción pública

IMG_20251104_091001

O voto decisivo do PP impedíu forzar ao bipartito PSOE-AER, de adquirir un edificio para vivendas de promoción pública.

 

Redondela, fóra da vivenda de promoción pública
O acceso á vivenda constitúe un dos grandes problemas de numerosas familias en Redondela. A perda constante de poboación dende hai dez anos constata que estamos ante unha situación estrutural que as administracións, tanto a local como autonómica non queren atallar no noso concello.
Meses atrás o BNG defendeu a posibilidade de que o goberno municipal exercera o uso do dereito retracto para adquirir un edificio a medio construír na antiga urbanización de Regojo. Negociando un convenio coa Xunta podería adicarse ata 35 familias que non puideran asumir os elevadísimos alugueres do noso concello. 
Tanto AER como PSOE, traizoaron a confianza dos e das redondelás, renunciando ás súas responsabilidades de goberno. O Partido Popular, tivo o voto decisivo para obrigar ao goberno de Digna Rivas a asumir esta decisión, mais a intervención plenaria de Javier Bas deixóu ás claras que o mercado é o mercado e non se ían  mollar.
Complementaria a proposta de adquirir este edificio o Bloque Nacionalista Galego presentou unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza, enmarcada na promoción de vivenda pública en Redondela. Volveuse a rexeitar a proposta co non do Partido Popular no Parlamento Galego.
Cremos firmemente que existen posibilidades de darlle un cambio de rumbo ás malas prácticas que tanto dende o goberno de Digna Rivas, como do PP de Javier Bas se executan en Redondela en relación á vivenda. Cómpre sumarse a un novo modelo de concello, o modelo BNG.
 
Redondela, fóra da vivenda de promoción pública