O BNG de Redondela demándalle á Xunta a Escola Infantil en Chapela
Xoán Carlos González Levamos ao Parlamento unha emenda aos orzamentos que o Partido Popular rexeitou, mentras o goberno de Digna Rivas garda silencio”
20 xan. 2026 - 09:14
O BNG volveu presentar no Parlamento Galego, por iniciativa da organización de Redondela, unha enmenda aos orzamentos galegos para a construcción da Escola Infantil en Chapela. Denuncian que o voto en contra do Partido Popular, impedíu que esta proposta fora admitida, malia que se trata dun servizo que daría resposta ás necesidades de conciliación laboral e familiar.
Por medio do grupo parlamentario propuxemos como unha das emendas aos orzamentos da Xunta a construcción dunha Escola Infantil en Chapela, declara o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo. Defende a dotación desta infraestrutura que permitiría que ducias de familias se beneficiaran deste servizo. Trátase de facilitar a conciliación familiar mentres os cativos e cativas de 0 a 3 anos, reciben unha atención educativa e asistencial pública, en galego e de calidade. Na actualidade aquelas familias con seus fillos e fillas nesta franxa de idade teñen que buscar recursos de iniciativa privada ou noutros concellos.
Afirma o voceiro nacionalista, que xa non se pode agardar máis por unha dotación da que outros concellos con menor poboación xa dispoñen. Considera que esta Escola Infantil podería beneficiar a ducias de familias de Trasmañó e Chapela, e mesmo poboación doutros concellos que teñan que desprazarse a Redondela por cuestións laborais. Para Xoán Carlos González, trataríase dun recurso para atraer e fixar poboación.
Denuncia o edil nacionalista que esta proposta non saíra adiante polos votos en contra do Partido Popular no Parlamento Galego. Sistematicamente néganse a dotar a Chapela da segunda escola infantil do noso concello, afirma. Segundo o edil nacionalista que Javier Bas convidara recentemente a Redondela, a deputados do PP que votaron en contra da nova Escola Infantil constitúe unha burla aos nosos veciños e veciñas ”.
Cuestiona igualmente Xoán Carlos González o desinterese do goberno municipal de Redondela, limitado a facerse fotos nesta reivindicación. Considera que a reinvindicación da Escola Infantil, utilízase como excusa de enfrentamento entre Concello e Xunta. Para o edil do BNG, temos que superar o bipartidismo que non nos achega solucións para cubrir as necesidades e demandas dos e das redondelás, remata na súa nota.