O PP rexeita un novo periao para Cesantes
Xoán Carlos González, "Pedimos millón e medio de euros para unha reforma integral mellorando as condicións da praia e asegurando o futuro do sector".
27 xan. 2026 - 17:42
Dende o Bloque Nacionalista Galego volveron defender a necesidade de recuperación integral do Peirao de Cesantes, demandándolle á Xunta de Galiza que asuma as súas responsabilidades. A emenda presentada aos orzamentos da Xunta, incluía unha proposta de millón e medio de euros, que o Partido Popular votou en contra.
Continuamos pulando polo marisqueo e pesca artesanal. Mantemos o compromiso de traballar na recuperación do areal de Cesantes e a Enseada, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Considera que a reforma integral cun novo Peirao de Cesantes sobre pivotes garantiría o futuro do entorno.
Mentras Alfonso Rueda, acaba de inaugurar as instalacións dun novo peirao en Vilaboa, xusto en fronte, en Cesantes votou non a unha reforma integral, denuncia o edil do BNG.
Seguimos defendendo aos e ás traballadoras do mar, demandando ao goberno galego un Peirao acorde á nosa situación, que permita unha renovación das augas, e que as partículas en suspensión se manteñan..
Para Xoán Carlos González o principal atranco para a recuperación do entorno de Cesantes, é o Partido Popular e o goberno galego. Aínda por riba Javier Bas, hai poucos días que trouxo a varios parlamentarios que votaron non ao novo Peirao, a pasear por Redondela. Para continuar insistindo que queren castigar á Confraría por exixir melloras no peirao que os beneficie.
Lamenta que o Partido Popular coa complicidade de Javier Bas, o único que lle interesa é prestar servizo ás navieiras que pretenden trasladarse ata a Illa de San Simón. Para nada lle interesa o futuro do areal, ou da pesca.
Levamos máis dunha década insistindo en recuperar o Peirao de Cesantes para recuperar a Enseada, a Praia e asegurar o futuro do sector do marisqueo e pesca, e imos continuar ata que sexa unha realidade, afirma finalmente o voceiro nacionalista