O BNG plantexa que sexa a Deputación de Pontevedra quen arranxe o Paseo da Portela

IMG_20260203_090430
Paseo da Portela

Xoán Carlos González, "Consideramos o Paseo como a única senda peonil segura desta estrada provincial".

 

O BNG plantexa que sexa a Deputación de Pontevedra quen arranxe o Paseo da Portela
Dende a organización nacionalista saen ao paso da polémica creada polo deterioro do Paseo da Portela, na parroquia de Cedeira. Consideran que debe ser a Deputación de Pontevedra quen debe asumir os custes da renovación completa dun treito de 12 quilómetros. O ente provincial débello a Redondela, afirman.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González afirma que este paseo presta un servizo directo á estrada provincial EP-2904 como senda peonil segura, polo que debe ser a Deputación quen asuma os custos da obra. Este paseo de madeira discurre en paralelo á estrada de titularidade provincial que une o barrio da Portela con casco urbano de Redondela.
Trátase dun espazo moi transitado, que ofrece unha alternativa segura a unha estrada provincial que doutro xeito obrigaría a peóns e peoas a ir polo propio vial, afirma o edil do BNG. Por ese motivo, considera que debe ser a Deputación quen asuma os custes íntegros da obra. 
Considera que se chega a este punto dun grave deterioro do Paseo da Portela, por irresponsabilidade do actual goberno de Digna Rivas, e o anterior de Javier Bas. Estas sendas de baixo impacto medioambiental e de grande repercusión social deben tratarse con mimo, cousa que non fixeron, destaca.
Rexeita Xoán Carlos González unha nova polémica á que PP e PSOE queren someter a Redondela. Fronte ao fume dos demáis, o BNG plantexa con propostas reais sobre a mesa, destaca.
Considera que a renovación do Paseo pola Deputación serviría para saldar unha débeda co noso concello. Mentras noutros concellos o ente provincial financia íntegramente sendas verdes, nós temos que xestionalo vía plans provinciais, que se poderían destinar a outras inversións.
Dirixe parte das súas críticas ao liberado na deputación polo Partido Popular de Redondela, Javier Bas. “Por 60.000€ que cobra anualmente ben podería dar a cara polo seu concello, e non agocharse a esperar instrucións do presidente da deputación”.
Destaca finalmente a vixencia do Paseo da Portela, como unha zona de esparcemento, nun entorno singular, nunha infraestructura de baixo impacto medioambiental. 
O BNG plantexa que sexa a Deputación de Pontevedra quen arranxe o Paseo da Portela