977 votos ao BNG, que si serviron para defender aos mariñeiros.

977 votos ao BNG, que si serviron para defender aos mariñeiros.

Da man da forza nacionalista, outra volta, os traballadores galegos do mar, volven a ter presenza nos foros de decisión europeos. Deixando en evidencia ás forzas que colleitaron no noso País mellores resultados seguindo intereses alleos, Ana Miranda asumiu a responsabilidade de defender o sector do mar.

Coa intención da Unión Europea de incluír a arte do xeito como unha arte agresiva para o medio mariño, púxose en risco o futuro dun sector moi relevante da pesca galega. Numerosos mariñeiros de Cesantes viron perigar os seus postos de traballo.

Esta situación de crise deixou ben claro quen defende verdadeiramente a Galiza e os seus intereses. A actividade política de Ana Miranda, quen sen seren aínda eurodeputada, representou a mobilización en defensa do mar constituíu un verdadeiro exemplo de compromiso.

O apoio que nas pasadas eleccións europeas recibiu o BNG-EH Bildu, amósase agora como fundamental. Redondela, tamén participou deste apoio á única forza nacionalista galega que se presentou para dar voz a Galiza en Europa. Non podemos máis que fachendear dos pretos de 1.000 votos que respaldaron a Ana Miranda.

O primeiro encontro cun grupo de traballadores do mar no local de Redondela, coa presenza de Ana Miranda, Daniel Rodas e Cecilia Pérez, converteuse nun dos primeiros pasos en firme nesta loita. Despois viñeron concentracións na Lonxa de Cesantes, e noutras de todo o País, as mocións de apoio (a presentada polo BNG e a presentada pola Confraría), ata chegar á viaxe a Bruxelas. Namentres o alcalde Javier Bas, seguía as consignas do seu partido: gardar silencio. Mesmo na sesión plenaria de outubro, na que se debateron as mocións o voceiro popular, Miguel Ballesteros chegou a dicir que si se presentaran alegacións, cuestión que finalmente demostrouse que era mentira.

Agora, unha vez que o xeito chegou a Bruxelas, que o BNG levou a voz dos mariñeiros aos foros nos que se toman cada vez decisións, máis trascendentais para Galiza, dende a Asemblea Local amosamos a nosa completa satisfacción.

Seguirá o BNG traballando polos intereses dos sectores produtivos estratéxicos para o País, pola mellora das condicións de vida dos galegos e galegas, en todos os foros nos que teña representatividade. Tamén no Concello de Redondela.

DELEGACION-XEITO-EUROCAMARA-2

 

977 votos ao BNG, que si serviron para defender aos mariñeiros.