ACTO PÚBLICO DO BNG DE REDONDELA CON MOTIVO DO DÍA DA PATRIA GALEGA
23 xul. 2012 - 15:40
Mañá martes 24 de xullo, ás 12:30 da mañá, o BNG de Redondela celebraremos un acto público na alameda de Redondela (ante o monumento a Castelao), no que convidamos a todos e todas @s que sintades a Galiza como unha nación ceive e soberana a participar neste acto reivindicativo do noso pobo que máis que nunca precisa do empuxe de todos e todas para poder levar un novo proxecto político e social con Galiza como eixe fundamental.