Ana Miranda levará á Eurocámara, a problemática  do contedores en Rande.

DSC_0139
Xuntanza de Ana Miranda con AA. pola Defensa da Enseada.

A eurodiputada do BNG, mantivo un encontro coa Plataforma en Defensa da Enseada, quen a puxeron ao día da iniciativa da Autoridade Portuaria de Vigo, de utilizar 40.000m2 como almacén de contedores.

Ana Miranda levará á Eurocámara, a problemática  do contedores en Rande.

Segundo Miranda “estamos nuns terreos dentro da Rede Natura 2000, que deben ser tratados con especial atención polo seu relevante valor medioambiental, paisaxístico e cultural”. Na xuntanza, intercambiouse información actualizada sobre as pretensións do ente marítimo, de que un espazo tan singular como o Estreito de Rande se adique a almacén de contedores, valorando positivamente o papel desenvolvido pola Plataforma ata o momento.

“Imos prantexarlle á Comisión, se está informada do Proxecto da Autoridade Portuaria, e de cal é súa valoración sobre un entorno que foi declarado pola Unión Europea, como Lugar de Interese Comunitario, Rede Natura 2000”, informou aos presentes na xuntanza que se desenvolveu no local do BNG en Redondela. Outra das preocupacións que salientou a europarlamentaria, reside nas condicións de vida da veciñanza de Rande, “que se van ver aínda máis deterioradas por mor do tráfico pesado que se vai desprazar pola estrada, o posíbel movemento de barcos”.

Considera Ana Miranda que “nos atopamos nun espazo singular, que debe ser posto en valor. As autoridades europeas deben saber o que se pretende facer con estes terreos, máxime cando se investiron Fondos Europeos para a posta en marcha da Aula de Interpretación de Meirande”.

Despois de visitar os terreos da explanada de Duchess que converte en almacén, Ana Miranda comprometeuse “a non perder máis tempo, polo que na vindeira semana presentaremos esta pregunta ante as institucións europeas”. Referiuse tamén á Conmemoración da Batalla de Rande, “un claro exemplo de que recuperar espazos para a veciñanza, é incompatible con adicar os terreos á actividade industrial”.

Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González valorou como moi preocupante a proposta do presidente da Autoridade Portuaria, de converter estes terreos en aparcadoiro de coches, acusándoo de “mercadear con terreos que deben volver a ser de toda a veciñanza”. Cargou novamente contra o alcalde de Redondela, Javier Bas, recordando que “ como membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, votou a favor deste Proxecto que sentencia o futuro de Rande. Estamos á espera de que convoque tamén manifestacións e pague autobuses á veciñanza para deter esta idea fóra de toda lóxica”.

 

 

Ana Miranda levará á Eurocámara, a problemática  do contedores en Rande.