Positiva xuntanza de familias afectadas polos problemas de transporte no IES Mendiño.

IMG_20181009_191423
Xuntanza con nais e pais afectadas.

Da xuntanza realizada no local do BNG, chegouse á conclusión da necesidade de iniciar actuacións de presión por parte das familias. Valorouse a situación, de extremadamente grave, posto que “se lles nega a posibilidade aos nosos fillos e fillas a subir nos autobuses que van case baleiros, sen permitirlles a entrada a alumnado de bacharelato”, segundo algunha das familias asistentes.

Positiva xuntanza de familias afectadas polos problemas de transporte no IES Mendiño.

A problemática que se está a vivir coa empresa de transporte, con alumnado de bacharelato do IES Mendiño, afectando aos que viven na zoa de Cesantes, O Viso, e Cedeira, produce desacougo entre moitas familias. Segundo se expuxo na mesma, unicamente as medidas de presión poden surtir efectos. Describíronse situacións, que mesmo rozan a ilegalidade, como os cambios de parada dalgúns alumn@s, rapaces/as aos que os obrigan a baixar do autobús, ou non os deixan subir nel. “Moitas familias con fill@s en ESO e Bacharelato, acaban desprazándose directamente ao Instituto”.

Dende o BNG, expúxose as diferentes iniciativas tomadas como encontros co equipo directivo, ou o escrito asinado polo voceiro nacionalista Xoán Carlos González con data 25 de setembro, dirixido á alcaldía para que recabara toda a información, e se puxera en contacto cos responsábeis da Consellaría, “escrito do que non temos resposta”, afirmou. Considera o edil nacionalista, que a empresa Autos González, está actuando de mala fe, posto que é a que creou este problema, chegando a situacións extremas como as aquí descritas. Esiximos ao alcalde de Redondela, que tome cartas no asunto”.

Dende o colectivo de familias afectadas valoraron positivamente esta primeira xuntanza, acordando xa organizarse para presionar ás diferentes administracións, co obxectivo de buscar apoios entre toda a veciñanza redondelá. “Sabemos incluso que familias do Pedro Floriani, poden estar afectadas, polo que tentaremos contactar con elas para sumar apoios”, afirmaron.

Positiva xuntanza de familias afectadas polos problemas de transporte no IES Mendiño.