O apeadeiro de Cesantes en Perigo
Fomento pretende reducir de oito a dúas as paradas diarias.
Nunha Moción apoiada por todos os grupos presentes na Corporación, debateuse a delicada situación do apeadoiro de Cesantes. Neste caso, foi o BNG a organización encargada de xustificar a exposición de motivos, e dos acordos a tomar.
A sección de ferroviarios da CXT, iniciou unha campaña para denunciar os recortes que tén previsto facer o ministerio de Fomento. Estes recortes afectan, e unha vez máis, ao concello de Redondela. En concreto o apeadoiro de Cesantes pasará de oito paradas diarias, que xa eran de carácter facultativo, a somentes dúas.
O concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, destacou que doutra volta Fomento manexa criterios economicistas, para valorar o custo dun servizo. Se ese custo é negativo, daquela elimínase o servizo. Para moitos veciños e veciñas poder realizar xestións, ou actividades da súa vida, en función dos horarios do tren pode converterse nunha auténtica odiseada, case nun compromiso por utilizar un medio de transporte público.
Tal e como se recollía na Moción, Redondela foi históricamente un dos nós máis importantes da Galiza, nos camiños de ferro. Aínda hoxendía mantén unha situación de privilexio. Mellorar o uso do tren, prioritariamente o de cercanías, é posíbel. A estación de Redondela, os dous apeadoiros, e a futura estación en Chapela, conforman un importante entramado, para o movemento de viaxeir@s, que cómpre aproveitar.
Doutra volta o equipo de goberno, deulle mil voltas á súa argumentación para non criticar a Fomento. Limitouse a dicir, a traverso do seu voceiro, Miguel A. Ballesteros, que xa mantiveran encontros con responsábeis do ministerio. En todo caso dende a organización nacionalista reprochóuselle que nin llo comentaran a ningún voceiro, nin tomaran ningún tipo de iniciativa.
Finalmente o concelleiro Xoán Carlos González, afirmou que o BNG vai respaldar todo tipo de movilizacións e iniciativas de presión, para que o apeadoiro de Cesantes siga prestando os seus servizos, e mesmo poida aumentarse o número de paradas. ADIF_1 ADIF_2