A asociación LENDA continúa co seu pulso da actualidade.

A asociación LENDA continúa co seu pulso da actualidade.

Na presentación do novo número  da súa revista, pon enriba da mesa o papel da xustiza.

Na tarde do venres 24, a Asociación Lenda, presentou un novo número da súa revista A Voz de Lenda. Nesta ocasión, volve tocarse un dos temas de maior repercusión social dos últimos meses: a situación actual da xustiza no estado español.

Nunha conferencia na que inicialmente participaron dous xuíces

do xulgado de Pontevedra, expúxose a necesidade de que a cidadanía recuperara a confianza na xustiza. Non eran alleos ao rexeitamento que grande parte da poboación amosa, ante determinadas decisións emanadas deste “fundamental piar democrático”.

Estes dous xuíces, avogaron por tomar con prudencia toda a información que se transmite nos medios de comunicación, pois en ocasións obedece a intereses de grupos de presión. Deste xeito pódese caer na tentación de lexislar de xeito precipitado, e caer en particularidades que non veñen máis que agravar a situación dos xulgados.

A participación dos e das asistentes neste acto de presentación, permitiu, unha vez máis que se expresaran diferentes ideas, ou tentaran aclarar dúbidas sobre o que está a acontecer.

Neste acto organizado pola Asociación Lenda, tocouse unha cuestión de actualidade como a situación da xustiza. Como noutras cuestións da nosa vida cotiá, grupos de presión, vinculados coa dereita están expectantes para poder actuar e impoñer o seu modelo social. A xustiza tamén é obxectivo dos intereses de que pretende mover os fíos.

Parabéns dende o BNG pola celebración deste acto. Apostamos decididamente polo futuro de Lenda, e o traballo que está a realizar.

A asociación LENDA continúa co seu pulso da actualidade.