Un campamento de verán en Inglés?
O Concello de Redondela, a través da Concellaría de Xuventude,ten previsto organizar un campamento de verán para os/as nenos/as redondeláns na illa de San Simón. No cartaz anunciador informábase,entre outras cousas, que algunhas das actividades poderían desenvolverse en inglés e que o prazo de inscrición remataba o 30 de abril. Pasado este dia anunciouse que se ampliaba o prazo até o 15 de maio.
Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG solicita que se lle responda por escrito as seguintes cuestións:
En qué idioma se van desenvolver as actividades que non estean previstas que sexan en inglés?
Por qué se ampliou o prazo de inscrición?
Cantos solicitudes de inscrición se recibiron?
Qué criterios se van ter en conta no caso en que as solicitudes superen o número de prazas?