O BNG pregunta pola contratación dunha empresa para a xestión cultural de Redondela.
Hai uns días enterámonos de que o concello contratou unha empresa para levar a xestión cultural.
A Institución Local conta cunha serie de órganos dependentes dela que serven para informar da xestión do goberno aos grupos da oposición, como é o caso das Comisións Informativas que poden servir para este fin e non só para ditaminar os asuntos que van ao pleno.
Vostedes, que presumen de transparentes e democráticos, moi poucas veces, por non dicir ningunha , utilizaron este mecanismo no que vai de mandato e como consideramos que van seguir así é polo que :
Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG solicita que se lle remita por escrito información sobre as seguintes cuestións:
É certo que o concello contratou esta empresa?
Si a resposta é afirmativa, Cal vai ser o seu cometido?
Qué relación van ter os responsábeis da mesma cos traballadores/as municipais da área de Cultura ou de calquera outro departamento que participe na organización de actividades culturais?
Cál é o orzamento destinado a este fin?