O BNG, apoiará un Goberno de Progreso na sesión de investidura.

O BNG, apoiará un Goberno de Progreso na sesión de investidura.

Membros da organización nacionalista, mantiveron un encontro con representantes do PSOE, para transmitirlles a súa postura. Fixeron entrega dun documento no que se recollían aspectos básicos para a conformación do apoio. Segundo o responsábel local do BNG, Xavier Balsas, “non imos permitir que o Partido Popular volva a asumir a alcaldía de Redondela”.

Durante a tarde do martes, membros da organización nacionalista, mantiveron un encontro cunha delegación do Partido Socialista. O motivo da mesma, estudar as posibilidades de apoio para a conformación dun Goberno de Progreso no noso concello. Ao longo da xuntanza, repasouse o panorama político local, e as diversas posibilidades de conformación dun goberno alternativo ao PP.

O responsábel local do BNG, Xavier Balsas, recordou, que “durante a Campaña Electoral, nos comprometemos a que iamos apoiar a conformación dun goberno alternativo ao Partido Popular. O encontro de hoxe, simplemente serve para reafirmar ese compromiso de cara ao 13 de xuño”.

Ao longo da xuntanza, os membros da organización nacionalista, analizaron un documento “básico”, que debe ser desenvolvido na acción deste “novo goberno de progreso en Redondela. “Para nós, trátase dun documento de partida, irrenunciábel”, afirmou Balsas.

 

PROPOSTA PARA APOIO DO BNG A UN GOBERNO DE PROGRESO EN REDONDELA

Os seguintes aspectos, a proposta do BNG, deben ser tidos en consideración no momento de conformar o apoio a un goberno de progreso en Redondela.

 

-        Orzamentos municipais aprobados no primeiro trimestre do ano.

-        Esgotar as partidas adicadas a servizos sociais, mesmo aumentar a súa dotación.

-        Simplificar as bases de subvencións para ANPAs, colectivos sociais, culturais.

-        Inversión media anual en saneamento, de 500.000€.

-        Adaptar os regulamentos dos Consellos Parroquiais, á realidade de cada parroquia.

-        Programación Cultural que abranga todo o Concello.

-        Modificar as políticas de contratación, para que se asinen contratos con soldos dignos.

-        Cláusula social, para que as empresas que traballan para o Concello cumpran a lexislación laboral: contratación, seguridade e hixiene, respecto a convenios colectivos e estatuto dos traballadores/as.

-        Remunicipalización daqueles servizos privatizados, que rematen a concesión no presente mandato.

-        Traballar para a recuperación integral de ríos e praias.

-        Plano de Mobilidade para o Concello de Redondela.

-        Desvincular a actividade política daquelas manifestacións de carácter relixioso que se realizan no Concello, nomeadamente as procesións.

Nun ambiente de cordialidade e confianza, a xuntanza transcorreu ao longo de pouco máis de hora e media.

“Durante os vindeiros días convocaremos unha Asemblea Local, na que a militancia do BNG de Redondela, estudará a posibilidade de formar parte ou non, dun Goberno de Progreso”, afirmou finalmente o responsábel local, Xavier Balsas.

O BNG, apoiará un Goberno de Progreso na sesión de investidura.