O balado de Cesantes mostra do desinterese por sectores económicos relevantes para Redondela.

Olaia F. Davila xunto a Ana miranda na visita realizada ás obras do paseo xunto a colectivos e Asamblea do BNG de Redondela.
O balado de Cesantes mostra do desinterese por sectores económicos relevantes para Redondela.

Para o BNG, a obra do balado de Cesantes é unha mostra do desinterese por sectores económicos relevantes para Redondela.

En resposta a varias preguntas da deputada Olaia Fernández Davila, o goberno español considera que “a obra non provoca ningún dano adicional”.

A visita realizada no pasado mes de marzo pola eurodeputada Ana Miranda, e a deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, xunto a membros do BNG de Redondela á zoa do Areal de Cesantes e afectada pola construción dun balado, deu como resultado a presentación de varias preguntas para seren respostadas por escrito.

Dous meses despois, o goberno español considera que a construción deste balado de máis de dous metros de altura, e algo máis de 250 de longo, axústanse ao Proxecto Inicial. A obra fora financiada, a traveso dos fondos FEDER da Unión Europea.

Na mesma batería de preguntas, interesábase a deputada do BNG, pola consideración do goberno español, sobre a problemática marisqueira. Facía fincapé Olaia Fernández, que as 150 traballadoras do mar, deste sector ían verse negativamente afectadas pola obra. Anticipaba, tal como lle transmitiron as propias marisqueiras, a alta mortaldade de cría de bivalvo.

Unha obra que se realizou sen ningún tipo de informe de impacto ambiental. Para agravar aínda máis a situación, a maquinaria pesada interveu dende o propio areal, incidindo negativamente na situación do banco marisqueiro.

Dende o BNG, consideramos que as valoracións de Costas, non se axustan á realidade. Afirmar que “a obra non provoca ningún dano adicional”, desvela que o goberno de Rajoy actúa de costas aos intereses medioambientais, económicos e sociais de Cesantes.

Para a organización nacionalista, trátase este do claro exemplo, de que un organismo co seu centro en Madrid, marca unha estratexia de actuación que non é acorde coa realidade galega. A situación chega a raiar o esperpento, posto que remiten á Consellaría do Medioambente para que sexa quen realice os informes de estudio de impacto ambiental.

“Con cartos da Unión Europea, o Concello realiza unha obra, á que Costas lle dá o visto bo, e da que a Consellaría se inhibe. Un cúmulo de despropósitos, de deixadez, e de falla de interese polo futuro medioambiental da Enseada”, afirma Xavier Balsas, responsábel local do BNG. “E comprometémonos a chegar ata o fondo do asunto”.

Olaia F. Davila xunto a Ana miranda na visita realizada ás obras do paseo xunto a colectivos e Asamblea do BNG de Redondela.

 

O balado de Cesantes mostra do desinterese por sectores económicos relevantes para Redondela.