En apoio á Flotilla da Liberdade.

Xoan Carlos González xunto ao
En apoio á Flotilla da Liberdade.

En representación do BNG, Xoán Carlos González, apoia en Bueu ao barco sueco “Marianne”, con destino Gaza.

A situación dos territorios ocupados en Palestina polo estado israelí,  pode cualificarse de auténtico xenocidio. Un dos moitos que occidente está a promover en determinados enclaves xeoestratéxicos, ao servizo do EU de América.

A solidariedade internacional, co pobo palestino, medra exponencialmente. En todas as frontes, tómanse iniciativas, para apoiar aos centos de miles de cidadáns, que reclaman viviren dignamente na súa terra.

Historicamente, o Bloque Nacionalista Galego, apoiou todos os procesos de emancipación dos diferentes pobos oprimidos. Fíxoo, porque aspira á propia autodeterminación do pobo galego.

O “Marianne”, procedente de Goteborg, forma parte da Flotilla de Liberdade, que puxo rumo a Palestina. Na xornada do domingo 31 de maio, fixo unha escala no porto de Bueu. Numerosas foron as actividades desenvolvidas en apoio á Flotilla, e ao pobo palestino.

Por parte do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, participou dalgunha destas actividades. “Por seren nacionalistas, somos internacionalistas. Apoiamos o dereito do pobo palestino a viviren en Paz na súa terra”, afirmou o concelleiro nacionalista.

“Palestina, vencerá. Como venceremos todos os pobos que loitamos pola autodeterminación, como expresión de democracia e de liberdade. Transmitimos a nosa solidariedade á xente que forma parte desta Flotilla”, segundo Xoán Carlos González.

Redondela, sempre se ten amosado como un concello solidario, tanto con Palestina, como co Sahara,... Debemos continuar esa senda de colaboración internacional coas causas xustas que se desenvolven en calquera parte do mundo.

 

Ana Miranda xunto a varias compañeiras a bordo do Marianne rumo a Palestina.

 

Xoan Carlos González xunto ao

En apoio á Flotilla da Liberdade.