O BNG considera calamitosa a urbanización de Eidos.
A piques de teren rematado a urbanización desta zoa do casco urbán de Redondela, os resultados son, a todas vistas, decepcionantes. Coa sinalización dos carrís de subida e baixada, e das prazas de aparcadoiro, dáse prácticamente por rematadas, unha obras de urbanización, que superaron os tres meses..
Pódese apreciar como esta sinalización, vai facilitar moi pouco as condicións de accesibilidade dos veciños e veciñas desta zoa, que se desprazan camiñando. O BNG, sempre defendeu que se trata dun barrio de medre de Redondela, con moitas familias, que debe gozar de boas condicións de vida, tamén nos espazos e zoas comúns, afirma o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González.
Consideran dende a forza nacionalista, que lonxe de que as beiravías, sexan cómodas para os veciños e veciñas, séguese complicando o seu acceso. Recoñecemos que a orografía, complica os desprazamentos de peóns, principalmente daquelas familias que empregan os carriños de bebé, ou cadeiras de rodas, mais existían posibilidades para mellorar.
Para nós, no fondo da cuestión, está o conceito de mobilidade, do que o goberno de Javier Bas carece completamente, afirma o nacionalista. Continúa na súa nota dende o BNG, sabemos que a lucidez do remate da obra, pode non deixar ver que o que se pretende é acumular vehículos, crear máis prazas de aparcadoiro, principalmente daqueles que se trasladan de fóra do barrio buscando onde deixar o seu coche. O PP, quere coches no centro. Para estes coches hai que crear aparcadoiros, e para iso explotan ao máximo Eidos, entre outras zoas.
As prazas de aparcadoiro definitivas, van invadir parte das beiravías, o que dificulta os movementos a pé. A única pretensión é meter o maior número de coches, no canto de fomentar unha zoa máis habitábel.
Tamén nos preocupa como organización, que non se tiveran construído ningún lombo. Tal como queda a rúa, córrese o risco de que se poida circular a altas velocidades, opina o concelleiro do BNG. Recorda que nesta zoa existe un importante número de veciños e veciñas, tres escolas infantís e ludotecas, co que o movemento de peóns é constante e contínuo.
Consideran que se trata dun novo exemplo do que supón o goberno do PP en Redondela, onde se mira máis polos coches que polas persoas.