A Estación de Os Eidos, será xestionada por unha máquina expendedora.

A Estación de Os Eidos, será xestionada por unha máquina expendedora.

En resposta a unha iniciativa do BNG, Fomento recoñece que non vai dotar a nova estación de persoal.

Para a forza nacionalista, a inversión de 7 millóns de euros nesta infraestrutura, non asegura que Redondela, se sitúe como referente do Eixo Atlántico.

A traveso da deputada Olaia Fernández Davila, a organización nacionalista presentou unha xeira de iniciativas polas cales pretendían coñecer o papel que ía desempeñar a Estación de Os Eidos nesa liña de comunicación ferroviaria.

“Consideramos que a inversión realizada para a construción da Estación, debe asegurar  que Redondela siga sendo un referente nas comunicacións ferroviarias, como sempre o foi”  manifestou o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González. Sen descartar a reivindicación da súa forza dun verdadeiro Tren de Cercanías, demanda “ que se garanta a parada de máis trens de altas prestacións en Redondela”.

Na resposta dada á deputada nacionalista, o goberno do estado recoñece que non vai dotar de persoal a estación de Os Eidos, o que é tachado dende esta organización como “unha falla de compromiso total con Redondela. Sufrimos as obras do AVE, máis non saímos beneficiados”. “Demandamos que se dote de persoal necesario, para que esta estación estea á altura do esperado. Non pode ser que unha máquina expendedora de billetes, sexa a encargada de xestionar esta Estación. Para nós trátase dunha falla de compromiso do Ministerio”.

Para o BNG, a Estación de Eidos “debe desempeñar un papel estratéxico dentro das comunicacións ferroviarias de altas prestacións, no sur da provincia, pero para iso cómpre dotala de máis servizos e de persoal”. Pola nosa ubicación para moitos habitantes de concellos desta área sería máis cómodo, próximo e barato, coller un tren de altas prestacións en Eidos que terse que desprazar ata o centro de Vigo”, afirma.

“Dende o BNG, mantemos o compromiso por seguir demandando unhas conexións ferroviarias de primeira magnitude, porque o consideramos un medio ecolóxico, máis económico e que evitaría enormes inversións en autoestradas que non solucionan o problema de mobilidade para esta zoa da provincia”, afirman na súa nota.

V21C9F3

A Estación de Os Eidos, será xestionada por unha máquina expendedora.