O BNG considera “desprezo coas mariscadoras a pé”, que Javier Bas negue o debate dunha moción.

IMG_20190311_191838
Xuntanza do BNG con mariscadoras

O voceiro municipal, Xoán Carlos González considera inxustificábel, que o alcalde non se reunira co colectivo das mariscadoras, para informarse sobre a suba das cotizacións á seguridade social, pactada por PSOE, PP, Cidadáns e Podemos. A moción pretendía que o alcalde mediara cos responsábeis Instituto Social da Mariña, ante un abusivo incremento de ata o 25%.

O BNG considera “desprezo coas mariscadoras a pé”, que Javier Bas negue o debate dunha moción.

A modificación do formato de celebración de Plenos do concello de Redondela, supuxo que algunhas mocións de alcance social, como a presentada polos nacionalistas, “non constara nin sequera no expediente”, denuncia o edil nacionalista. Un coleitivo como o das mariscadoras, arredor de 120 en Redondela, viron incrementadas as subas da cotización á seguridade social de 190 a 246, cada mes sen ter en conta ao sector.A suba únicamente se cingue a continxencias comúns, non á mellora das prestacións para a xubilación.

Recorda como na xuntanza mantida cun grupo de mariscadoras a pé, confirmaron que nalgún mes, “os ingresos redúcense tanto que nin sequera lles van permitir afrontar o pago das cotizacións”. A moción pretendía que Javier Bas, exercera realmente o seu papel de alcalde, primeiro xuntándose co coleitivo, para posteriormente dirixirse ao Instituto Social da Mariña, para unha renegociación desta suba. “A negativa ao debate, constitúe un desprezo absoluto ao sector, que se ve indefenso e sen o respaldo do Pleno, e polo tanto do resto da veciñanza redondelá. Negáronlles esta posibilidade”, afirma.

Para Xoán Carlos González a cuestión revirte maior gravidade ao tratarse dun colectivo prácticamente de mulleres, co que bota por terra toda a propaganda do goberno municipal sobre as políticas de igualdade.

“Trátase dun sector que permite ingresos a moitas familias, respeituoso coa Ría, que aporta un selo de calidade a un producto de primeira. Asumimos con responsabilidade as demandas de moitas mariscadoras, de buscar un futuro para o sector, porque queren que os seus fillos e fillas, sigan vivindo desta actividade en condicións dignas”, remata na súa nota o voceiro do BNG.

 

O BNG considera “desprezo coas mariscadoras a pé”, que Javier Bas negue o debate dunha moción.