O BNG volvera a demandar en Madrid a Rotonda dos Valos.

IMG_20190424_180011
Cruce dos Valos

Dende a forza nacionalista, consideran que “non houbo unha apsta por parte das forzas estatais  pola seguridade viaria “ nun dos puntos negros da provincia.

O BNG volvera a demandar en Madrid a Rotonda dos Valos.

A volta do nacionalismo galego, a traverso do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento español, vai ser aproveitada para demandar melloras na seguridade viaria “na nosa bisbarra en xeral, e no Alto dos Valos en particular”, apuntan. Este punto negro da rede de estradas estatais debe desaparecer, para converterse nun cruzamento máis seguro, tanto para os vehículos particulares, transportistas, “pero especialmente para a veciñanza da contorna”, aseguran.
Por esta intersección, confluencia de tres concellos e estradas provinciais e estatais, circulan arredor de 15.000 vehículos diariamente. “Isto supón, que malias as limitacións de velocidade, se rexistren a cotío situacións potencialme perigosas”.
Recordan que xa houbo posicionamentos do Consello Parroquial de Saxamonde, do propio Pleno de Redondela, ademáis de diversas iniciativas presentadas no Congreso. “O desinterese de PP, PSOE, e Podemos pola seguridade viaria nesta zoa caracterizou a lexislatura, xa que deixaron de presionar para que se tomara en serio”, aseguran. Dende a fronte nacionalista critican a “hipocresía” dos responsábeis de tráfico, que manteñen neste punto “un dos radares que máis recaudan en Galiza, namentras que se esquecen de construír unha infraestructura que evitaría poñer en risco a seguridade de moitas persoas”.
Coa inversión dun ano do recadado por Tráfico, prácticamente se levaría a cabo a obra, consideran. “Cómpre volver a reivindicar a Rotonda, con maior forza se cabe, e só será posíbel se a nosa organización volve ter presenza no Parlamento Español”, rematan na nota.

 

O BNG volvera a demandar en Madrid a Rotonda dos Valos.