O BNG, considera que o goberno de Redondela “ningunea” a Participación Veciñal.

Xoán Carlos González
Xoán Carlos González

“Non se poden cambiar as regras do xogo segundo intereses partidistas”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.

O BNG, considera que o goberno de Redondela “ningunea” a Participación Veciñal.

Dende a organización nacionalista saen ao paso da dinámica desenvolvida polo goberno de Digna Rivas, “realizando actos públicos, onde se da conta de propostas realizadas polos colectivos nos Consellos Parroquiais”.

Os Consellos Parroquiais naceron da man do BNG no ano 2000 cando se aprobou o  Regulamento como órgano de participación veciñal onde se plantexan as necesidades das parroquias, e o goberno municipal debe dar conta das súas propostas. Nel teñen presenza diversos colectivos como Traídas de Augas, Asociacións Veciñais, Comunidades de Montes, xunto aos representantes dos partidos políticos.

Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, afirma que “non se poden cambiar as normas de participación veciñal das que nos dotamos, en función dos intereses partidistas”.  Defende que sexa nos Consellos Parroquiais onde primeiro se dea conta das alternativas, solucións ou propostas que afectan directamente á parroquia.

“Queremos destacar dende o BNG o importante labor que realizan as asociacións de representación da veciñanza, lexitimamente constituídas. Nos Consellos Parroquiais, plantexan directamente ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia, “daquela, o lóxico é que sexa no seo destes órganos de participación democrática, onde se dea conta primeiramente de diversas actuacións que afectan ás parroquias”, apunta Xoán Carlos González

Afirma o edil nacionalista, que seguen con preocupación como a participación veciñal, en xeral en Redondela, tense deteriorado da man deste goberno. Primeiro tardaron nove meses en convocar os Consellos Parroquiais; coa escusa da Pandemia, non se volveron xuntar; o Consello Municipal da Muller leva un ano sen reunirse, ao igual que o Consello Escolar Municipal. Pola súa banda o Consello Municipal Forestal, somentes se constituíu curiosamente coincidindo coas celebracións do 25 de novembro”, sinala o voceiro do BNG

Para Xoán Carlos González “a deriva de furtar a participación veciñal, na que incorre o goberno municipal de Redondela constitúe un feito sen precedentes. Instamos a un cambio de rumbo na política de Participación Veciñal do equipo de Digna Rivas”, remata na súa nota.

 

O BNG, considera que o goberno de Redondela “ningunea” a Participación Veciñal.