O BNG empraza ao PSOE a cumprir o compromiso sobre a Bolsa de Emprego Municipal.

Rolda de prensa

Os nacionalistas recordan que no Acordo de Investidura de Digna Rivas, recolleuse explicitamente “Plan de Emprego e Bolsa de Emprego consensuada con organizacións sindicais”.

O BNG empraza ao PSOE a cumprir o compromiso sobre a Bolsa de Emprego Municipal.

A Bolsa de Emprego Municipal, constitúe un instrumento, para por en contacto empresas e persoas en busca de emprego. Dende a organización nacionalista considerouse moi importante incluír este punto non Acordo “ante a evidente perda de garantías dos e das traballadores, por este filtro municipal”.

Recordan que na xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo, celebrada en decembro pasado, esta cuestión converteuse nunha de maiores discrepancias. “Agora apelamos ao acordo”.

Exemplifican  dende o BNG na necesidade de melloras contractuais vía intermediación do Concello, nalgunhas sinaturas de convenios, onde os traballadores e traballadoras, realizan de balde para a empresa ata quince días “de prácticas laborais”, sen garantías de contratación, ou que a mesma sexa en condicións dignas. “Por cada quince empregados e empregadas que realizan ditas prácticas, a empresa afórrase o equivalente a unha xornada anual dun operario ou operaria. Isto vindo dende o Concello, non se pode permitir”, consideran.

Consideran que se debe constituír de inmediato esta Comisión, posto que estamos nun momento de reponte das contratacións, e se debe garantir que vía Bolsa de Emprego, os traballadores e traballadoras, acceden a postos de traballo con garantías sociais e laborais. Agardan unha rápida resposta dende o PSOE, para poder reconducir unha situación que hai anos que se deturpou. As empresas teñen dereito a contratar. Os traballadores e traballadoras a vivir dun emprego digno, rematan na súa nota.

Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González insta a que se cumpra co asinado por Digna Rivas, daquela candidata. “As nosas propostas foron asumidas sen problemas, polo que agardabamos un cambio de actitude que ata día de hoxe, non se produciu”, apunta .

 

O BNG empraza ao PSOE a cumprir o compromiso sobre a Bolsa de Emprego Municipal.