Galiza Nova denuncia a actitude de persecución da mocidade redondelá por parte da policía do estado.

A Organización Xuvenil do Bloque Nacionalista Galego ven leva recibindo notificación por parte de diferentes persoas novas de Redondela de actitudes intimidatorias exercidas pola Policía Nacional do estado español.
A organización Xuvenil do BNG denuncia que dende a Policía Nacional se está a levar a cabo unha campaña de intimidación e criminalización de sectores da mocidade redondelá.
Dende o pasado estado de alarma a presenza da Policía Nacional en Redondela é moito maior e está xerando situacións de desproporcionalidade nos seus labores, dun xeito máis acusado cando se trata da mocidade.
Galiza Nova vén de recibir varias queixas por parte de mozas e mozos de Redondela sobre as actitudes que está a ter a Policía Nacional para facer cumprir o seu traballo. Estas actitudes, segundo denuncian estas persoas novas, van dende a entrada sen autorización xudicial nun domicilio privado até a intimidación de grupos de menores de idade coa escusa de estar reunidas na rúa.
“Este panorama non é máis que o resultado da culpabilización da mocidade polos novos surtos de Coronavirus, cando non existen alternativas seguras de lecer para a xente máis nova que non estean ligadas ó consumo”, denuncian dende Galiza Nova.
Por esta razón, dende o nacionalismo xuvenil denuncian que a Policía continúa a exercer de xeito desproporcionado o que chaman cumprimento da lei, atacando a sectores desprotexidos como son a xente nova e xerando un clima de malestar e de culpabilización de veciñas e veciños de Redondela, como son a mocidade.
Así as mocidades do bloque piden que se aclaren estes feitos e que se tomen medidas dende os organismos competentes para que se deixe de estigmatizar e intimidar á mocidade de Redondela.