O BNG CONSIDERA QUE O PSOE CARECE DE PROXECTO PARA REDONDELA.

IMG-20250917-WA0000

Xoán Carlos González “ A nova baixa do goberno de Digna Rivas certifica que é incapaz de liderar un equipo cohesionado”.

 

O BNG CONSIDERA QUE O PSOE CARECE DE PROXECTO PARA REDONDELA.
A recente baixa do concelleiro de deportes, Iván Valles do equipo de goberno de Redondela constitúe para os e as nacionalistas, a certificación de que o PSOE carece de proxecto de goberno. Falan dunha inacción e parálise completa, sen expectativas de que vaia  mudar.
Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González lamenta que os motivos de saúde obriguen a Iván Valles a deixar as responsabilidades de goberno. “Trátase dunha persoa que tén participado en conversas co BNG, con acordos importantes para o concello”.
Considera que a mala planificación do goberno de Digna Rivas, tamén na área de deportes, supuxo que durante os catro meses que durou a súa baixa, houbera una desorganización total e completa. “O caso da expulsión de Meigarco do pavillón no que levaban entrenando case unha década demostra esta falta de planificación”.
Considera que por uns motivos ou por outros, era previsíbel que se chegara a esta situación do goberno de Digna Rivas. “Sabedores dos constantes fracasos dos seus gobernos propuxemos un acordo de investidura que incumpliron sistemáticamente”, afirma. “Traballamos durante meses para que se puidera chegar a acordos positivos para Redondela, mais os incumplementos constantes déronnos a razón”.
Ademais da baixa da concelleira Pilar Martínez hai meses, destaca a renuncia de María Castro ao inicio de mandato. “A persoa que asumira as responsabiliades de urbanismo e o Plan Xeral, que conseguira o cambio de voto de AER na investidura renunciou por enfrontamentos coa alcaldesa”, destaca. 
Tamén engade o edil do BNG como baixas destacadas nestes dous anos a da coordenadora de concelleir@s, un posto a dedo da alcaldesa. “Unha figura de grande relevanza pola que pasa importantísima información de relevanza do equipo de goberno. “Actualmente a súa substituta, persoa que forma parte da dirección do PSOE de Vigo, ocupa esta praza, quen tamén leva varios meses de baixa”, afirma.
Para o voceiro nacionalista, o máis grave, que se traslada ao conxunto da veciñanza é a inconsistencia de proxecto, a desidia e a desmotivación. “A nosa man tendida a colaborar foi despreciada constantemente polo goberno de Digna Rivas. Seguiremos traballando para que os nosos veciños e veciñas vivan nun concello referente na nosa bisbarra.”, remata na súa nota Xoán Carlos González
O BNG CONSIDERA QUE O PSOE CARECE DE PROXECTO PARA REDONDELA.