O BNG continúa co proceso de renovación dos órganos de dirección.
A elección de Anxo Lusquiños como responsábel local en Redondela, constitúe un paso máis dentro da renovación da estrutura da que se dota o Bloque Nacionalista Galego. A candidatura encabezada por este veciño de O Viso, estaba integrada por Yésica García, Agustín González, Ana Santomé, Xavier Costas, Cecilia Pérez, Xoán Carlos González, Pilar Soteliño, e Xavier Balsas.
Na súa intervención ante a Asemblea Local, o novo responsábel tivo palabras de recoñecemento para o seu antecesor no cargo, Xavier Balsas. Durante estes últimos cinco anos, tivo a capacidade de manter cohesionada á Asemblea Local de Redondela, poñendo o acento na unidade como bandeira dentro do BNG.
O Bloque Nacionalista Galego, debe ser un instrumento ao servizo do pobo galego, e dos veciños e veciñas de Redondela, salientou Lusquiños. O paso do Partido Popular polo goberno municipal, ao igual que na Xunta e no Estado, unicamente serven para poñer as institucións aos intereses partidistas, alonxándose das verdadeiras necesidades da veciñanza.
Ao longo da súa intervención, o novo responsábel local tivo palabras de confianza, en que o proxecto nacionalista que o BNG representa é o único que pode poñer freo ás agresivas políticas de intereses económicos alleos ás maiorías sociais. A máis soberanía, maior calidade de vida para os galegos e galegas, afirmou.
Estamos ao dispor de todos os colectivos, entidades, asociacións e veciños e veciñas en xeral de Redondela. Non entendemos a política, como actividade diferente ao servizo do conxunto da sociedade, sinalou ao longo da intervención. Obxectivamente, os cinco anos do goberno do PP en Redondela, supoñen unha deterioro no social, un estancamento no económico, xunto á perda de referencia do concello no conxunto do País.
Temos propostas realizábeis, que poden axudar a transformar Redondela, e Galiza. A capacidade de traballo da militancia do BNG, é innegábel. O noso maior reto é aumentar a militancia activa, como compromiso e traballo para o por aos demais, rematou na súa intervención Anxo Lusquiños.
O proceso de renovación dos órganos de dirección, iniciouse hai varias semanas, como parte da XVI Asemblea Nacional do BNG. Nese proceso, Yésica García, pasou a formar parte do Consello Nacional. Igualmente o propio Anxo Lusquiños (como responsábel local), Xavier Balsas e Xoán Carlos González (como concelleiro) pasaron a formar parte do Consello Comarcal.