O BNG cuestiona a necesidade de adicarlle unha rúa a Rita Otero.

O BNG cuestiona a necesidade de adicarlle unha rúa a Rita Otero.

Na comisión de interior celebrada o xoves 22, Xoán Carlos González, anunciou que “non íamos apoiar a proposta, posto que non existían argumentos de peso para aceptala”.

Tanto PP como PSOE, parece que chegaron a un principio de acordo, namentres que AER, afirmou que ían estudar a cuestión.

Na convocatoria da Comisión recollíase, como un dos puntos da orde do día, o estudio da proposta presentada pola Fundación Filomena Rivero, para adicarlle un “espazo público” a Rita Otero. Solicitábase o treito da rúa Padre Sarmiento, fronte ao Pazo de Petán, para cambiar esta denominación.

A proposta, conta co aval tanto do goberno municipal, como do grupo socialista. En conversas previas, parece que houbo un principio de acordo, aínda que non quedaba claro se se trataba dunha praza ou dunha rúa. Pola súa banda, dende AER, non tiñan claro que postura tomar, polo que, novamente deixárono para unha decisión posterior.

Xoán Carlos González, anunciou o rexeitamento do seu grupo a unha proposta, de dubidosa oportunidade. Recordou, que xa o BNG estivera en contra da iniciativa de Rita Otero, para adicarlle o ano 2014, ao non considerar que existiran méritos suficientemente acreditados para apoiala. Opción pola que si se decantaron tanto PP, como PSOE como AER.

Segundo declaracións do concelleiro nacionalista “xa no seu momento a proposta de persoeira do ano, carecera do debido consenso de todas as forzas sociais que participaron”. Xoán Carlos González, emprazou aos representantes municipais que argumentaran a iniciativa de adicarlle un espazo público a esta muller, limitándose a dicir que eran os mesmos que cando se aprobou a declaración de ano de Rita Otero.

Insístese dende o BNG, en tratar a declaración de determinados persoeiros coa maior discreción e solemnidade. Cómpre que haxa un consenso de todas as forzas sociais e políticas, ademais de argumentos suficientemente contrastados para avalar propostas deste tipo.

 

O BNG cuestiona a necesidade de adicarlle unha rúa a Rita Otero.