O BNG demanda ao goberno de Digna Rivas melloras na Escola Infantil de Ventosela
Xoán Carlos González, "unhas necesarias reformas coñecidas dende hai anos que o goberno municipal desatendeu."
16 dec. 2025 - 09:23
A Escola Infantil de Ventosela constitúe un dos referentes da parroquia, segundo consideran dende o Bloque Nacionalista Galego. Escolarízanse cativos e cativas entre os 3 e os 6 anos, nun entorno natural, paisaxístico e patrimonial como poucos na bisbarra. Unha única mestra, con apoios puntuais de especialistas, imparten docencia nestre centro educativo. O mantemento, obras, e reformas depende directamente do Concello de Redondela
O goberno de Digna Rivas debe garantir unha atención diferenciada ás demandas que se plantexan dende a comunidade educativa, ANPA e profesorado, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Dende hai varios cursos plantéxanse unha serie de reformas que dende o seu goberno non dan atendido, sinala.
Entre as demandas que se plantexan destacan as reparacións de filtracións e humidades que existen en diversos puntos do edificio, ademáis da necesidade de cambio de fiestras. Estas problemáticas estanse cronificando, sen que se lle dea solución, advirte. Reclama Xoán Carlos González un estudo da situación da cuberta da Escola.
Outra das cuestións que plantexan dende a comunidade educativa refírese a un comunicador que permita á mestra titular poder atender ás familias sen deixar de prestarlles atención aos cativos e cativas. Arranxos nos baños, ou aumento das horas do servizo de limpeza constitúen outra das demandas plantexadas. Tamén reclaman a instalación dunha alarma ou a sinalización nas estradas de E.E.I Ventosela.
Accesibilidade segundo a lexislación actual, limpeza de espazos exteriores esbaradíos, serían outras das demandas que identificaron na visita realizada polo grupo municipal do BNG.. Consideramos que a sinalización con pictogramas da E.E.I. de Ventosela convírtea nun entorno perfecto para un uso compartido deste sistema de comunicación. Plantexan igualmente que se realice un estudo concienzudo da cuberta do edificio.
Semella que o desinterese, estase a converter en selo de identidade do goberno de Digna Rivas, afirma Xoán Carlos González. Asumimos que as inversións no ensino público, como na E.E.I de Ventosela, deben ser unha prioridade de calquera goberno municipal, defende.
Destacan a responsabilidade coa que os colectivos da parroquia defenderon a viabilidade da Escola, cando decidiron invertir os 25.000€ dos orzamentos participativos en reformar parte do soto para un espazo multisensorial, que se está a dotar nestes momentos. Valoraron no Consello Parroquial como prioritario o educativo frente á intención do gobernó municipal de reinvertilo en asfalto e farolas, insiste o voceiro do BNG.
Defende Xoán Carlos González, o modelo do ensino das Escolas de Educación Infantil de Redondela, como aquel que se desenvolve nunhas condicións de entornos privilexiados, ratios axustadas, en galego, que apostan pola formación en contacto co medio.