As ludotecas, máis caras polo Nadal.
Xoán Carlos González,” O goberno de Digna Rivas inaugurou o cobro polo participación, encarecéndose nas vacacións do Nadal."
16 dec. 2025 - 08:56
A nova convocatoria de ludotecas durante as vacacións escolares, o concilia, volve demostrar que ao goberno municipal non lle interese prestar dito servizo.
A finalidade das ludotecas reside en participar en actividades de socialización, e integración nun ambiente lúdico, durante as vacacións escolares. Como segundo obxectivo serve de apoio á actividade laboral de país ou nais.
O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González, recorda que na convoctoria do verán, a alcaldesa Digna Rivas deu instrucións para que por vez primeira se lles cobrase aos e ás participantes, proposta que rexeitamos abertamente, sinala. Considera que o concello dispón de recursos suficientes para evitar o pago por parte das familias.
Na convocatoria do nadal volve o goberno de Digna Rivas a gravar ás familias que fan uso deste servicio de ludotecas. Algunhas destas familias admitidas terán que facer fronte ao pago de ata 3 matrículas, sinala o voceiro nacionalista.
Lamenta que polo Nadal as ludotecas sexan máis caras incluso que durante o verán, posto que se pagan as mesmas taxas, contando con menos días de atención.
Considera de excusa sen fundamento, que o goberno municipal defenda o pago das ludotecas como un recurso para asegurar a asistencia dos cativos e cativas, cando nas propias bases existe un apartado que claramente especifica que á terceira falta excluirase ao ou á menor.
Finalmente considera que Digna Rivas, xoga coa viabilidade das ludotecas porque non lles interesan posto que das 180 prazas ofertadas, soamente se cubriron un terzo, o que denota que as familias cada ano buscan apoios fóra da atención que pode prestar o concello.